19 de xul. de 2019

DEPORTES

O Concello de Tomiño aproveita o verán para mellorar o campo de fútbol do Alivio 

A actuación principal será a substitución do céspede natural polo artificial, e ademais procederase a crear novas redes de drenaxe e rego, nova iluminación e dotación de novo equipamento deportivo  


 O concelleiro de Deportes visitando as obras
Fotos: C. T.

Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño aproveita os meses de verán para executar as obras de mellora do campo de fútbol do Alivio, no que a principal actuación é substituír a herba natural pola artificial. O proxecto, adxudicado a Mecano Sport, S.L. en 321.000 euros, inclúe tamén a creación de novas redes de drenaxe e rego, nova iluminación e dotación de novo equipamento deportivo.


Obras no interior do recinto deportivo


 Financiado pola Deputación de Pontevedra (PLAN CONCELLOS 2018-2019. Liña 1), o proxecto ten coma fin mellorar as condicións do campo de fútbol, de propiedade municipal, no que xogan o Tomiño F. C. e outros equipos. A actividades despregadas por eles requiren un mantemento constante en canto á protección dos elementos estruturais afectados polo paso do tempo, as inclemencias meteorolóxicas, a contaminación atmosférica e o natural deterioro por desgaste.  

 O concelleiro de Deportes, Francisco Campo, visitou as obras esta semana, explicando que as mesmas estarán rematadas no mes de setembro, para que os clubs poidan comezar cos adestramentos. Asemade, o edil comentou que “con esta obra, os tres campos de fútbol de Tomiño (O Regatiño, en Goián,  A Carballa e o Alivio) contan xa con herba artificial, que é moito menos custosa no seu mantemento que a natural”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario