23 de xul. de 2019

A GUARDA

Con visitas guiadas  

O patrimonio do casco urbano da vila dáse a coñecer
 

Un monitor do Concello de A Guarda atende persoalmente as persoas que participan nas visitas guiadas gratuítas  
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda, a través da Concellería de Turismo, ven de iniciar un programa de visitas guiadas polo casco urbano que se realizan todos os mércores e xoves ata o 15 de setembro. 

 As visitas son de carácter gratuíto e non é preciso inscrición previa, tan só achegarse ás 12:00h ao punto de encontro, que é a Oficina de Turismo da Praza do Reló. 


As persoas que desexen participar das visitas guiadas gratuítas deben presentarse nos días e horarios indicados na Praza do Reló


 Dende a Praza do Reló o grupo sae para coñecer o patrimonio de A Guarda en dúas visitas distintas, os mércores ten lugar a visita singular no casco histórico: “Prazas antigas e novas” e os xoves a visita singular da época moderna: “Fortaleza de Santa Cruz”. 

 Trátase dunha oportunidade excepcional, tanto para visitantes coma para veciños, de coñecer o noso pasado a través de explicacións «in situ», grazas ao persoal do departamento municipal de Turismol, visitando diferentes espazos do casco urbano da Guarda coma a igrexa parroquial, a Fortaleza de Santa Cruz, O Muro, prazas e monumentos. 

 A duración estimada destas visitas é de aproximadamente 60 minutos.  

Horarios da Rede de Museos 

 A Rede de Museos de A Guarda, formada polo Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT), o Museo do Mar e o Centro de Interpretación da Fortaleza de Santa Cruz informa dos novos horarios para esta tempada estival. 

•    MASAT: De martes a domingo de 9:00h a 21:00h e de 10:00h a 20:00h no mes de setembro. 

•    Museo do Mar: As fins de semana e festivos de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h. 

•    Fortaleza de Santa Cruz: Espazo público aberto de 10:00 a 21:00h. 

•    Centro de Interpretación das Fortalezas do Miño: As fins de semana e festivos de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h. 

•    Oficina de Turismo na Praza do Reló: Aberto de 10:00 a 14:00h e de 16:30 a 19:30h, de luns a domingo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario