TINO BAZ CÁNTALLE A ROSALÍA DE CASTRO
O cantautor guardés presentará na súa
vila natal “Si cantan, es tí que cantas”,
seu novo traballo discográfico
· Nun concerto incluido na programación
do XIV Encontro de Embarcacions Tradicionais de Galicia, que celebrarase o
xoves día 11 de xullo, ás 23:00 horas, no porto de A Guarda
Tino Baz, cantautor de A Guarda, onde apréciase e se lle quer
Foto: Infogauda
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Estamos de noraboa. A Guarda móstrase nestes días ainda máis fermosa do habitual. Non hai máis que ver como respondeu positivamente a veciñanza expondo unha boa mostra do patrimonio marítimo de cada familia. O milagre viu da mán do XIV Encontro de Embarcacions Tradicionais de Galicia.
E dentro da ampla programación do devandito evento, o vindeiro xoves día 11 de xullo, ás 23:00 horas, na carpa do Portiño Novo, no porto de A Guarda, Tino Baz ofrecerá - en rigorosa primicia - o concerto de presentación do seu novo traballo discográfico “Si cantan, es tí que cantas”.
Será unha ocasión inesquecible, na que o cantautor, músico e poeta guardés vai dar, con certeza, o mellor de si mesmo. O seu compromiso coa nosa Cultura e con Galiza. A súa creatividade musical, expresada coa súa voz rotunda. Súa personalidade interpretativa e súa mensaxe de amizade sen fronteiras,... Tal como el é, por dereito propio, un referente artístico, patrimonio de todos.
E dentro da ampla programación do devandito evento, o vindeiro xoves día 11 de xullo, ás 23:00 horas, na carpa do Portiño Novo, no porto de A Guarda, Tino Baz ofrecerá - en rigorosa primicia - o concerto de presentación do seu novo traballo discográfico “Si cantan, es tí que cantas”.
Será unha ocasión inesquecible, na que o cantautor, músico e poeta guardés vai dar, con certeza, o mellor de si mesmo. O seu compromiso coa nosa Cultura e con Galiza. A súa creatividade musical, expresada coa súa voz rotunda. Súa personalidade interpretativa e súa mensaxe de amizade sen fronteiras,... Tal como el é, por dereito propio, un referente artístico, patrimonio de todos.
A
preguntas deste cronista, Tino Baz Baz (A Guarda, 1972), defínese como
“un digno aspirante a cidadán nesta
Terra, por tanto, no mundo, con un conglomerado de afecto e de bondade
concienciada, tratando de aportar o que poida a esta sociedade para que mude
para mellorala, como axente de cambio. Como artista, diría que son cantor e
músico. En certo modo constructor de cancións que utiliza a palabra para crear,
divulgar, mostrar, dignificar unha arte desde as posibilidades de cultivala por
medio do privilexio de poder desarrollala desde moi neno, onde as cancións eran
a nosa infancia feliz e aprender a tocar a gaita foi sentir tamén cal era o
noso propio Universo”.
Así dese xeito tan persoal, tan próximo e ao
mesmo tempo tan el mesmo, Tino Baz abriuse de par en par – xesto moi propio del, e que agradecémoslle
vivamente -, respostando ás preguntas plantexadas por este cronista, na seguinte entrevista:
Vde. que leva tatuada na pel a efixie de
Rosalía de Castro, que lle supuxo botar a andar o proxecto “Si cantan, es tí que cantas”?
- Un
pracer absoluto e unha débeda cívica con Rosalía desde a profunda afinidade que
todos sentimos hacia esta muller, esta icona senlleira da nosa Terra, na medida
de que poida ser reinvindicada doutro xeito mais real e merecido como muller e
como autora poética descomunal que é, como ser pensante revolucionario.
Externalizar, digamos, esta honrada intención…
Cómo foi a xestación deste novo traballo
discográfico?
- Ten
unha criba artística longa no tempo. Despois de terme prantexado volver a gravar
novamente, vin claro que esta era a opción mais solvente e necesaria. Así que
decididamente, coas melodizacións que levaba acumuladas ao longo de moitos
anos, contactei con Miguel Powel, o
compañeiro de Baixo Miño Estudios, en
outubro do ano pasado, aquí en Tabagón, no Rosal, e púxenme a traballar para
posteriormente fixar as datas de gravación que chegaron no mes de marzo. Foron
meses de estudo minucioso, para abordar a arquitectura musical desta idea,
tendo en conta que se asume unha autoproducción e unha dirección artística e
musical…
Resultoulle complexo afrontar a selección
dos poemas e súa posterior musicalización?
- Non
se deu a priori un criterio de selección específica, xurdiu todo de maneira moi
natural e espontánea. Son moitos anos de lectura pousada, permanente sen mais
pracer que o de sentir e de descubrir que esta muller é para ser cantada
absolutamente. Puidera considerarse un Sebastian Bach da palabra, polo dominio,
pola amplitude, pola diversidade e pola densidade de complexas claves que
manexa para crear Poesía. Isto tradúcese nunha dimensión musical perfecta que
facilita enormemente a posibilidade de melodizar, de crear música para ser
cantada. Tivo tamén unha órbita de mutación no que se refire o proceso
creativo, que supuxo que nalgunha peza a melodía xurdise despois dunha lectura
intensa e famenta de expresión vocal, como nalgúns casos esta fórmula veuse
invertida e foi a melodía quen buscou satisfacción no texto para dar coa
canción. Algunhas melodías aparentemente sinxelas tamén levaron anos dar con
elas e tamén tiveron modificacións importantes.
Qué criterios guiáronlle na selección
dos poemas a incluir no CD que vai presentar na Guarda, o vindeiro día 11 de
xullo?
- Está moi presente a voz de Rosalía en Follas Novas e son textos dos que apenas
se coñecen tratamentos melódicos cantados con anterioridade. Salvo a Xusticia pola man, Pra a Habana e Tecín soia a
miña tea, é prácticamente inédito ou ben pouco coñecido o abordamento
artístico do resto dos poemas que componen o CD. Pretendía, se cadra, e puidera
ser este un posible criterio, facer unha condensación interpretativa de todo o
que Rosalía me suxire particularmente, que ven a ser un universo de matices
sensoriais inmensos, e que o mesmo tempo asume o pobo orgullosamente como
propios con un lirismo cheo de fondura e de beleza. A musa de Cantares Gallegos tamén aporta iso e o
que nos revelan os poemas é unha auténtica exquisitez musical en si con portas
abertas a calquer xénese de estilos. De aí pode xurdir un bolero, un tango, ou
calquer viaxe, calquer danza que nos leve por todos os mares do mundo.
Vde. que ademáis de músico tamén cultiva
á poesía, con todo o que iso conleva, cómo definiría a Rosalía de Castro, como
muller e como poeta?
- Como
muller, un símbolo de liberación de xénero, de igualdade, de liberdade, de
rebeldía. Unha muller tremendamente culta cunha enorme densidade intelectual
que penetra no inconsciente colectivo de todos, transcendendo ao paso do tempo
pese aos oprobios que pretendidamente quixeron negala ou desvirtuala, pousándoa
nun despectivo rostro de probiña chorona, nun espantallo tristón de amargado
semblante. Sobrevive eternamente a todo isto, e pasa a ser felizmente asumida
por todo o pobo en toda a súa dimensión de beleza. Transcende a todas as capas
da sociedade, sexan letradas ou non que a institúen como un heraldo que a
representa. Como poeta, é quen de representar a través da súa verdade e da súa
voz, unha identificación plena coas esencias profundas da Terra na que vive,
por empatizar brillantemente coas persoas que a habitan cantándolle ao fondo do
ser humán. Isto é o que lle da definitivamente, un carácter universal a súa
obra pola entidade que adquire todo canto canta.
A medida que foi afondando, ao longo de
varios anos, no coñecemento da obra rosaliana, qué sensacións ten percibido?
- Para
mín, o acto ritual de ler poesía, é sentir a paz absoluta. O que é capaz de
convocar a arte da palabra, mundos sempre posibles toda vez que se cantan. Nese
sentido, Rosalía é o recurso perfecto. Teño tido vibracións alucinantes na súa
lectura, descubrindo o seu carácter de xenio. Cando se musica un texto,
afóndase doutro xeito no significado do que di o poema, por ter que masticar a
palabra que o compón. En “Meses do inverno
fríos”, que é outro dos cortes do CD, atopámonos con que Rosalía aborda o tema
do suicidio, con absoluta serenidade e brillantez. Poetar así, algo tan arcano
e complexo, solo é posible na man dun xenio. Ver doutro xeito, ter unha
perpectiva case irracional, que lle aporta paz e serenidade á condición humana.
Engadirlle música facilita atoparse co recurso do canto, do híbrido máxico da
voz, onde todo se le cunha amplitude sensorial diferente. Isto é unha constante
experimental que está presente en todas as pezas, causándome unha especial
conmoción cantalas.
Qué obxectivos marcouse con “Si cantan, es tí que cantas”?
- Sempre
“Si cantas,…”, nunca “Si choras,…”. A fórmula definitiva de
sentir que Rosalía sigue viva, a través do noso amor e do noso canto. Unha das
riquezas do canto é a creación da colectividade dos afectos, no entorno onde se
desenvolve a Vida. Fun honradamente consciente durante estes anos que
externalizar as creacións que no pouso do tempo se van dando, provocan nun
mesmo esa necesaria reflexión do que realmente merece ser digno de ser publicado
para que permaneza. Podía agochalas para sempre, mais nun mundo se cadra,
deficitario de saúde de harmonia convivencial, este tipo de propostas algo
puideran aportar ao colectivo a través do canto. Honrar a Rosalía nese sentido
é algo mais que merecente. É o mellor xeito de que se sinta a verdadeira
poesía. En todo momento, sentín esa célula de liberdade e de humildade, para
enfrontarme a esta idea sen límites de posibilidades musicais. O mesmo alento
poético da autora, facilita que xurda ese río de plantexamentos múltiples. A
voz da Terra en definitiva, que teño o privilexio de compartir e sentirme
cómplice a través do Obradoiro de canto “Cantares do Brueiro”, nas aulas que
impartimos e nas emocións que recibimos. Aquí dase unha dimensión única para
entender o que apuntamos xa nesta entrevista, da icona colectiva de Rosalía.
Con que persoas contou Tino Baz ao
embarcarse nesta nova singradura artística?
- No
que é a parte estrictamente musical, déronse excelentes aportacións e
colaboracións que trataron de enriquecer o traballo… Laura Quintillán ao violín;
Alberto Vilas no piano; Obradoiro Cantares do Brueiro nos coros mencionado
anteriormente; Carlos Villanueva no
vento; Lorenzo Chuchín no contrabaixo; Nacho Álvarez no acordeón, voces e
percusión; miña irmá Carmen e Fer nas voces… Asimesmo, como parte
complementaria e para mín fundamental en calquer publicación artística deste
tipo, este traballo viuse felizmente arroupado no que é o soporte físico tanxible
do CD, pola man e polo talento de Karina
Mouriño, que se ocupou da ilustración de cada un dos poemas e do seu tratamento
artísticamente manuscrito. Todo isto técnicamente tratado pola man de Alicia
Francés que foi quen asumiu a fotografía da portada e todas as inscrustacións
dixitais. Formalmente, indicar tamén, que para resolover as cuestións autorais,
contei co apoio de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, e
con todo o seu asesoramento filolóxico e literario, sendo ademáis quen prologa
o traballo.
Pode adiantarnos como serán os bimbios
que darán forma escénica, interpretativa e musical, ao concerto de presentación
do seu novo disco?
- Será
un concerto de divulgación do que é en síntese “Si cantan, es ti que cantas…”. Ao tratarse dun concerto, conta
sempre coa pulsión da inmediatez, o que lle da un carácter único e irrepetible
ao que acontece. Da mesma maneira que no momento de gravar, hai unha mecánica
especialmente bonita polo esquemático que é todo, nos directos está a graza do
intre, onde o corazón é un factor que permite fluír as mais honradas bondades
da nobreza desta arte.
A vista de como percibimos en vésperas
do concerto, o agarimo que a xente profésalle, cómo prevé que vai ser a
resposta do respectable público no propio día?
- Agardo
atoparme humildemente, con esa expectación amiga, que me instou dalgún xeito
para que volvese gravar novamente. Síntome honrado de que esa fidelidade que
sempre sentín cara á expresión musical vocal desde moi neno como cantor e como ghaiteiro,
se vexa reflectiva nunha manifestación colectiva de afecto pero
fundamentalmente de respecto. Faime sentir moita responsabilidade ante tan
linda xenerosidade.
Tendo en conta que está residindo noutra
localidade, que sensacións coida que vánlle aflorar ao voltar ata A Guarda e
cantar no seu pobo natal?
- Hai
un rico pudor que compre xestionar convenientemente por tratarse do pobo natal
e por cantar nun espazo aberto, onde fácilmente se poden diluír ou pervertir as
claves específicas do delicado ecosistema poético, desta natureza de
comunicación. É decir, cantar é un magma de emocións que obriga a focalizar con
intelixencia o cauce dos parámetros concretos do canto, para que discurra a
expresión da voz nítida, clara, contundente e sosegada nos matices.
Cómo é hoxendía o panorama en Galicia para
Tino Baz cantautor, músico e poeta?
- Un
país verde e neboento, que di a canción. Alento e desalento. Pero enormemente
dotado de posibilidades de futuro, por esa calidade resistente que ten para
reinvindicar a súa dignidade, a súa
personalidade colectiva diferenciada. Sin perder nunca a esperanza,
sostennos a certeza práctica de estar ateigado de iniciativas creadoras de
conciencia e de fidelidade a esta Terra. Múltiples manifestacións de sensibilidade,
no estudo, no afondamento, nos fíos da memoria que nos vencellan consistentemente.
A man dun arqueólogo, que prospecta a pedra para catalogar un trisquel, ao lado
dun mariñeiro sensible que indaga en que intre da historia aparece o trasmallo
como arte de pesca. Ou a conciencia da muller que silenciosamente sinte desde o orgullo de xénero a importancia do valor que
representa a súa labor activa en todos os campos da Vida. Tantas e tantas
colleitas de ilusión que fan brotar a nosa paisaxe vital…
Que conleva para Vde. exercer con
dignidade e compromiso, súa vocación como cantautor?
- O
oficio de sentidor e a importancia de sementar unha sociedade vertebrada doutro
xeito, onde os valores non teñan nada que ver co IBEX 35, senón coa nosa
felicidade colectiva e coas esencias profundas da condición humana. Educar
nesta dirección, tranformará o mundo seguro tal como di a canción “…algún
día venceremos”, porque sentimos que é posible…
E como colofón, que engadiría?
- Moitas
grazas Ricardo, unha vez mais pola túa xentileza e por darme a oportunidade de
responder a tan ben artellado cuestionario, na certeza de que todos somos parte
dun intre concienciado da Historia que vivimos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario