II edición de «La Guardia en Danza»
O sábado día 20 de xullo, ás 20:30 horas, no Auditorio ao aire libre San Bieito
Infogauda / A Guarda
O vindeiro sábado día 20 de xullo ás 20:30h, o Auditorio ao aire libre San Bieito acollerá a segunda edición de «La Guardia en Danza», organizada polo Centro DO-MAJÓ en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de A Guarda.
Este evento, con entrada de balde, contará con varias exhibicións de danza moderna, Hip-Hop, salsa, entre outros.
Participarán o grupo de danza moderna do Centro Do-Majó e escolas de Vigo e do Baixo Miño, con espectaculares exhibicións cheas de orixinalidade.
Un espectáculo de música e danza onde ademais sortearánse varios premios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario