22 de xul. de 2019

A GUARDA

VII Mercado da Música 

Este sábado 27 de xullo, desde ás 11:00 da mañá, nos xardíns do Centro Cultural


Infogauda / A Guarda

 Organizado pola Asociación Sopa de Sobre en colaboración co Concello de A Guarda, o vindeiro sábado día 27 de xullo, nos xardíns do Centro Cultural da vila terá lugar a VII edición do Mercado da Música.

 Con acceso de balde, e cunha programación de actividades na que se inclúen concertos, obradoiros, postos de venda de vinilos, instrumentos musicais, artesanía, roupa de segunda mán,...; ás 11:00 da mañá comezarán as actividades previstas con pintacaras, mesa de debuxo e obradoiros para nenas/os.  

 Para completar a programación contarase coas actuacións dos grupos Fábrica de Espejos, The Mirror, Cremawitch, Tecor Societario, Pledge,... entre outros pendentes de confirmar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario