12 de xul. de 2019

A GUARDA

AgresiónOff

Publicados os resultados da enquisa  realizada na Festa da Langosta   

Persoal no posto da carpa do porto sobre a Campaña AgresiónOff
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 A pasada fin de semana, e coincidindo coa XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, habilitouse un posto na carpa do porto sobre a Campaña AgresiónOff.  

 AgresiónOff é unha aplicación da Xunta de Galicia con información útil e consellos para evitar e previr agresións sexuais, así como pautas para saber onde dirixirse para un maior apoio e información.  

 Ao longo da celebración da XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira realizáronse diferentes enquisas aos asistentes e xa se poden consultar na web do Concello da Guarda (www.aguarda.es) os resultados obtidos na mesma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario