30 de xul. de 2019

A GUARDA

“SenSea” achega a todos os públicos as experiencias do Turismo Mariñeiro Inclusivo

A iniciativa está integrada no proxecto Ecodestin_3IN, enmarcado no Programa INTERREG V-A España–Portugal 2014-2020 (Poctep)


Susana Rodríguez Carballo, directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, da consellería do Mar, da Xunta de Galicia; o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz; o presidente de Orpagu, Joaquín Cadilla Castro; o vicepresidente da Asociación Galega de Actividades Náuticas (Agan+), José Manuel Fernández González e Pablo Mariño, director da empresa Bluscus Turismo Mariñeiro, na presentación de SenSeas
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O pasado domingo día 28 de xullo no porto de A Guarda, dentro da programación da Festa do Peixe Espada, realizouse o evento piloto de presentación de novos produtos e itinerarios do proxecto Ecodestin_3IN - enmarcado no Programa INTERREG V-A España–Portugal 2014-2020 (Poctep) -, entre os cales atópase o SenSea - Turismo Mariñeiro Inclusivo.   

 Estiveron presentes nesta actividade Susana Rodríguez Carballo, directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, da consellería do Mar, da Xunta de Galicia; o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz; o presidente de Orpagu, Joaquín Cadilla Castro; o vicepresidente da Asociación Galega de Actividades Náuticas (Agan+), José Manuel Fernández González e Pablo Mariño, director da empresa Bluscus Turismo Mariñeiro. 

 O proxecto SenSea, está promovido pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia e AGAN+ (Asociación Gallega de Actividades Náuticas y la Agencia Global de Acreditación Náutica) como socio do programa europeo EcoDestin_3IN.   


O traballo das atadeiras - ou redeiras - tamén está sendo visibilizado

 SenSea nace a partir de “Sentir o Mar”, que foi o resultado do traballo realizado por un equipo de profesionais, liderado pola psicóloga Rocío Gómez Juncal, dentro do ámbito educativo, social e turístico, para demostrar que, máis alá da vista, existen un milleiro de formas de experimentar, vivir e transmitir o mar; para documentar e propiciar que persoas con diferentes discapacidades se acheguen, gozen e sintan o mar tendo a oportunidade de formar parte del a través de experiencias turísticas relacionadas coa cultura mariñeira.   


A experiencia en navegación tradicional, a remo e a velas, coas gamelas guardesas estivo a cargo da Asociación Piueiro
Enrique Gómez Maya - a esq. da imaxe -, o último cordeleiro de A Guarda, dando a coñecer seu labor 
Chema García Seijo - no centro da imaxe - impartiu un obradoiro de conservas de peixe espada


 Participaron na xornada 50 personas, dentro das cales estaban membros da Asociación Alba, IGAXES e a Fundación ONCE. Foron convocadas tamén asociación portuguesas. Dividiuse aos participantes en 3 grupos mixtos para realizar as actividades mariñeiras:  

- Obradoiro coas redeiras a cargo da Asociación Atalaia Redeiras Baixo Miño. 

- Obradoiro de cordas no museo do mar con Enrique Gómez Maya, “o último cordeleiro de A Guarda”.  

- Navegación tradicional a remo e a velas coas gamelas guardesas a cargo da Asociación Piueiro.  

- Visita á lonxa e explicación da poxa por parte de Silvia Crespo Campos, percebeira e patroa maior da Confraría de Pescadores Santa Tecla de A Guarda.

- Obradoiro de conservas de peixe espada de Orpagu, a cargo de Chema García Seijo.   

 Houbo un petisco final para favorecer a convivencia entre os asistentes.  

 Apoiaron a xornada: Asociación de Redeiras Baixo Miño, Asociación Piueiro, Club Deportivo Alagua, Lonxa de A Guarda e o Concello de A Guarda.  

 A xornada foi coordinada e deseñada polo equipo de Bluscus – Turismo Mariñeiro e Rocío Gómez Juncal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario