19 de xul. de 2019

A GUARDA

Nova visita da unidade móbil de doazóns de sangue

Estará na vila guardesa o venres día 2 e o sábado día 3 de agosto  
 

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia na súa ubicación habitual nas visitas á vila de A Guarda, xunto ao Centro Cultural
Foto:C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará novamente a vila de A Guarda o venres día 2 e o sábado día 3 de agosto. 

 Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (a carón do Centro Cultural) o venres día 2 de agosto, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas; e o sábado día 3, de 10:00 a 15:00 horas. 

 Grazas ao emprego destas unidades móbiles, o Centro de Transfusión de Galicia intenta facilitar a todos os cidadás o xesto solidario de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario