“Cruz Vermella na túa cidade”
Martes día 2 de xullo, no Centro Cultural, xornada de sensibilización sobre a acción de Cruz Vermella na Guarda
Para dar a coñecer os seus proxectos e actividades
Cruz Vermella / A Guarda
Este martes 2 de xullo teremos na Guarda a xornada “Cruz Vermella na túa cidade” coa instalación dunha carpa na entrada ao Centro Cultural. O horario será de 16:30 a 18:30 co obxectivo de dar a coñecer os proxectos que desenvolvemos na zona e sensibilizar sobre o importante labor social do voluntariado.
Durante a tarde os voluntarios de Cruz Vermella informarán das diferentes actividades que facemos coas persoas maiores, nos programas de Enredate, saúde constante, teleasitencia domiciliaria etc, cos mozos, nenos e nenas nos programas de educación para a saúde, prevención en condutas violentas, promoción do éxito escolar e campamentos no rural, coas persoas inmigrantes nos talleres de clases de español e apoio na tramitación de documentación ou colectivos con dificultades para a procura de emprego ou familias con dificultades económicas.
Tamén profesionais da área sanitaria de Cruz Vermella realizarán unha toma de biomedidas a todas aquelas persoas que se acheguen á carpa.
Teremos unha exposición de diferentes produtos de apoio que poden facilitar ás familias no coidado das persoas dependentes.
Paralelamente a esta actividade no interior do Centro Cultural da Guarda terá lugar a entrega de diplomas aos asistentes ás actividades de maiores da Guarda, Oia e Tomiño.
Toda persoa que queira colaborar coa Cruz Vermella poderá comprar un boleto do sorteo do ouro por só 5€.
Ningún comentario:
Publicar un comentario