XIV ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA
A Guarda
Do 11 ao 14 de xullo de 2019
O CONVOI DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS QUE PARTIU DAS ILLAS RUMBO A GUARDA, UN ESPECTÁCULO GRANDIOSO
Vista parcial dalgunhas das embarcacións que formaron parte do convoi que zarpou o pasado domingo día 7 de xullo desde ás illas Cíes rumbo á Guarda para participar no XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
Foto: Santiago Baz Lomba
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Hoxe día 11 de xullo de 2019 comeza oficialmente o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, un evento que ata o domingo día 14 deste mes, acolle a vila mariñeira de A Guarda. Trátase dunha ocasión magnífica para pór en valor o Patrimonio Marítimo de Galicia e ao mesmo tempo de mostrar o noso pobo a toda a xente que nos visita e de compartir o amplo programa que a Asociación O Piueiro e Culturmar prepararon para unha oportunidade como esta que nin os máis optimistas huberan imaxinado nos seus mellores soños, fai tan soio un par de anos.
Con todo, nesta crónica queremos salientar o grandioso espectáculo que ofrecéronos ás embarcacións que o pasado domingo día 7 partiron desde ás Illas Cíes rumbo á Guarda, para fondear no porto guardés e participar nas actividades previstas.
Por iso, grazas a colaboura do reporteiro gráfico Santiago Baz Lomba, que fixo de preto o seguimento do convoi coa vintena de embarcacións navegando rumbo ao porto da nosa vila, ofrecemos aos nosos lectores unha magnífica reportaxe desa singradura na que apréciase en todo seu esplendor a beleza das embarcacións navegando nun mar sosegado e fermoso, con tantas potencialidades culturais, patrimoniais e turísticas, que convida a seu disfrute como unha experiencia inesquecible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario