A Guarda: Un mar de actividades para esta ampla fin de semana
Vista parcial do porto de A Guarda con algunhas das embarcacions participantes no XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
Foto: Infogauda
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
A Guarda prepárase para unha fin de semana longa e de moita actividade co XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia coma protagonista e enlazando tamén xa coas Festas do Carme, que se celebran o luns e o martes (festivo local).
Programación
XOVES 11:
Este xoves é o arranque oficial do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia con varias actividades propostas para esta xornada, destacando as visitas guiadas ao Monte Santa Trega; o acto inaugural ás 20:00h; o izado de velas ás 20:30h; a exposición Vento nas Velas, do fotográfo Xurxo Lobato. e o concerto do cantautor guardés Tino Baz ás 23:00h.
Na xornada deste xoves continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro do Monte Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento castrexo e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos.
VENRES 12:
Este venres é a segunda xornada do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, destacando as visitas guiadas ao Monte Santa Tregoa; ás 12:30h, no Pavillón do Patrimonio, no Reghiño, a Xornada Poético-Pictórica a presentación do libro Río Mar poesía; ás 13:00h, tamén no Reghinño, presentación «As marcas dos mariñeiros da Guarda».
Ás 13:00h o concerto de Deixandar.
Ás 19:00 h, no Auditorio ao aire libre San Bieito, Festival músico-poético galego-portugues, coas actuacions de Vento Mareiro, Rancho Folclórico de Póvoa de Varzim e Xamaraina, e os poetas Dores Tembrás, Antía Otero e Anxo Angueira.
Ás 20:30h as visitas ás embarcacións tradicionais, e ás 22:30h, os concertos de Nadia Vázquez Trio e da Banda de Música Agrupación Musical de A Guarda con María do Ceo.

Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro do Monte Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento arqueolóxico e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos.
SÁBADO 13:
Dentro da programación do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, este sábado terá lugar o Bautismo de mar para novas embarcacións ás 13:00h . Os Cantos de Taberna ás 19:00h e ás 23:00 h., o concerto de Andrea Pousa e como convidadas especiais as compoñentes do Grupo de Pandereteiras Tremelique; e Música nas Velas coas actuacións do Orfeón do Berbés e Xurxo Souto.
Continúa aberta ao público, na rúa Praza de Bieito, nº 3, a exposición filatélica adica ao Mar. Conta con varias coleccións, así como selos, sobres, tarxetas e carimbo conmemorativo do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
Pódese visitar ata o domingo día 14 de xullo, de 10:00 a 13;30 e de 18:00 a 21:00 horas.
Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento arqueolóxico e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos.
Praxíteles González Martínez - no centro da imaxe - coa concelleira Montserrat Magallanes Álvarez e o alcalde Antonio Lomba Baz, na exposición de maquetas e figuras que mostra na Fortaleza de Santa Cruz
O Centro de Interpretación das Fortalezas na Fortaleza de Santa Cruz continúa acollendo a exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que expóñense varias maquetas como a ponte do Tamuxe, a igrexa de Santa Mariña do Rosal, un muíño serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame.
Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista.
Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h.
Entrada: 1€ adultos e 0,50€ ata 14 anos inclusive.
DOMINGO 14:
Para a xornada deste domingo o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia arranca cunha visita guiada ás Salinas do Seixal, programada para as 10:45h, e unha visita ás prazas antigas da Guarda ás 12:00h.
Destaca tamén na programación desta xornada o concerto do Grupo de Acordeóns Mascarenhas ás 12:00h; o acto de despedida de tripulacións e delegacións participantes nesta edición ás 15:00h; o concerto de Tradison ás 20:00h e a cea homenaxe ao voluntariado.
Como cada mes de xullo dende hai 18 anos, chega o festival Rock Guardés ó porto da Guarda enmarcado nas Festas do Carme, que terán lugar do 14 ao 16 de xullo de 2019.
Nesta edición hai un nome que destaca, New Day, a nova banda de Amparo Llanos, ex Dover.
Abrirán o festival a banda local Helen & Shanna e pecharán o festival a banda de rock viguesa Loco Turbina.
Entrada de balde.
Apertura de portas ás 21:00 h. e comezo dos concertos ás 22:00h.
O Centro de Interpretación das Fortalezas na Fortaleza de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González.
Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h.
Entrada: 1€ adultos e 0,50€ ata 14 anos inclusive.
LUNS 15:
Para a xornada deste luns A Guarda celebra as Festas do Carme, cun pasacalles do Grupo de Gaitas do Clube da Terceira Idade da Guarda e gran verbena no porto dende as 22:30h coa Orquestra Tango e o Grupo Fama.
MARTES 16:
Este martes, festivo local, as Festas do Carme continúan cun pasacalles da Banda de Música Agrupación Musical de A Guarda e procesión ás 11:00h dende a igrexa parroquial ata o porto da Guarda, onde terá lugar unha misa solemne cantada pola Agrupación Coral Polifónica de A Guarda e posterior ofrenda floral aos náufragos.
Ás 19:00h terá lugar a regata de gameliñas e ás 20:30h un Festival de Corais no que participan a Coral Polifónica da Cañiza, a Coral Polifónica Lira de San Miguel de Oia (Vigo) e a Coral Ecos do Folón, de Fornelos (O Rosal).
Ningún comentario:
Publicar un comentario