Unha avaría obriga a paralizar temporalmente o servizo do ferry-boat
Infogauda / A Guarda / Caminha
A Câmara Municipal de Caminha e o Concello de A Guarda comunican a suspensión temporal do servizo do ferry-boat "Santa Rita de Cássia", debido a unha avaría no motor principal da embarcación que imposibilita a súa navegación.
Por ese motivo o servizo queda interrompido temporalmente ata que se realicen as tarefas de reparación da embarcación.
Informarase convenientemente do reinicio da actividade deste servizo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario