12 de xuño de 2019

OIA

Os Socialistas de Oia preocupados polo emprego de glifosato nas estradas 


Na imaxe podemos ver en primeiro termo a un axente da Guarda Civil e a súa esquerda, a concelleira en funcions Elena Álvarez Pérez, do PSdeG-PSOE no Concello de Oia, xunto con veciños da zoa
Foto: Socialistas de Oia

Infogauda / Oia

 Na mañá deste mércores día 12 de xuño, Elena Álvarez Pérez, concelleira en funcions do Concello de Oia polo PSdG-PSOE, participou na estrada PO-552, xunto con membros da Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM) e do Centro Social Fuscalho, na protesta contra o emprego de glifosato para a limpeza das marxes das estradas. 

 Segundo afirmaron desde o PSdeG-PSOE de Oia, a este xornal dixital transfronteirizo "un grupo de persoas impediron o avance da maquinaria que estaba a empregar este produto, un herbicida altamente contaminante e prexudicial para as persoas e tamén para a fauna e a flora". 

 "A pesares de terse aprobado no municipio de Oia unha moción na que se rexeitaba o emprego deste tipo de produtos para a limpeza das estradas, novamente a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, continuaba facendo caso omiso a este acordo plenario", denuncian desde o PSdeG-PSOE de Oia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario