ANDAINA POLO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Aula da Natureza das Aceñas
Foto: C.O.R.
Concello do Rosal
A cita será o sábado 8 de xuño, as 20:30 h, na Aula da Natureza das Aceñas.
· Partiremos da Aula da Natureza das Aceñas, onde teremos unha breve charla sobre o Día Mundial do Medio Ambiente e especificamente sobre a contaminación atmosférica, o tema elixido para este ano.
· Levaremos a cabo unha plantación simbólica de árbores autóctonas no entorno das Aceñas.
· Percorreremos o río Tamuxe pola súa beira en dirección a casa do río. A lonxitude da ruta será aproximadamente dun quilómetro e medio, toda ela atravesando un entorno boscoso.
Finalmente repartiranse bolsas de algodón reempregables ós asistentes. Non é necesario inscribirse a andaina, pero si que agradecemos a comunicación ó concello para ter unha estimación dos participantes.
Dado que a ruta transcorre pola ribeira, recomendamos levar roupa e calzado cómodo así como unha posible muda por se o chan está mollado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario