5 de xuño de 2019

O ROSAL

HOXE CELÉBRASE O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE  


  
Concello do Rosal

 Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, o executivo municipal do Concello do Rosal que preside á alcaldesa en funcións María del Carmen Alonso Alonso fixo público o seguinte: "É un día para reflexionar sobre a nosa relación co medio, pero sobre todo para festexar todo o que nos aporta, xa que os bos hábitos non deben reducirse a hoxe, senón que debemos incorporalos no noso día a día.  

 O tema elixido para este 2019 é a contaminación do aire. A miúdo, nin sequera se pode ver, pero a contaminación atmosférica está en todas partes. Tanto é así que nove de cada dez persoas en todo o mundo están expostas a niveis de contaminación que superan os niveis de seguridade sinalados pola ONU. E todo elo sen contar a implicación da contaminación atmosférica no quecemento global, con todas as consecuencias que iso supón.  

 Dende o Concello do Rosal queremos festexar este día, polo que temos prevista unha andaina para este sábado día 8 de xuño. Proximamente publicaremos mais datos sobre a andaina; estade atentos as nosas redes!"

Ningún comentario:

Publicar un comentario