XA ESTÁ EN MARCHA O COMPOSTEIRO COMUNITARIO
O mestre composteiro informou aos veciños como deben usar correctamente o composteiro comunitario
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
O executivo municipal do Concello do Rosal, que preside a alcaldesa en funcions, María del Carmen Alonso Alonso ven de facer público que "como xa ben sendo habitual, foi toda unha ledicia comprobar a concienciación ambiental e interese amosadas polas veciñas e veciños do Rosal. As reunións celebradas co mestre composteiro serviron para marcar o inicio da compostaxe comunitaria na vila, pero tamén para debater e resolver dúbidas e mitos asociados a compostaxe.
Precisamente por este último punto, damos a benvida a toda nova persoa que queira participar no proceso, pero recomendamos que fale primeiro co mestre composteiro para que lle explique en detalle o funcionamento do centro. Tanto no propio centro de compostaxe, como no concello, o mestre estará sempre encantado de falar do sistema que sen dúbidas será o futuro na xestión do lixo orgánico: a compostaxe".
Ningún comentario:
Publicar un comentario