O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA DO CPI MANUEL SUÁREZ MARQUIER VISITOU O CONCELLO
Ánxela Fernández Callís, a nova alcaldesa do Rosal recibiu ao alumnado 1º de primaria do CPI Manuel Suárez Marquier
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
Hoxe o alumnado de 1º de primaria do CPI Manuel Suárez Marquier visitou as instalacións do concello e foron acompañados pola alcaldesa Ánxela Fernández Callís no percorrido. Visitaron todos os departamentos e profesionais que ante as preguntas dos nenos e nenas lles explicaron as súas tarefas.
Para rematar a visita asistiron ó salón de plenos onde o alumnado realizou unha rolda de preguntas á alcaldesa. Recibiron como agasallo unhas chapas e lambetadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario