20 de xuño de 2019

A GUARDA

Alfombras florais na honra do Santísimo e celebración da festividade de San Xoán 

Centran a programación da fin de semana na Guarda   




  Infogauda / A Guarda

 Esta fin de semana A Guarda congrega numerosas actividades, centradas na celebración do Día do Señor e as tradicionais alfombras de flores e de sal, así como as fogueiras de San Xoán, ademáis doutras e actividades culturais, deportivas, gastronómicas, tradicionais e turísticas, para todas as idades. 

 Programación

VENRES 21:  

 Na xornada deste venres, ás 19:00 horas, na Fortaleza de Santa Cruz haberá unha sesión de ioga. En caso de choiva a actiividade trasladarase ao pavillón do IES A Sangriña.
 
 Por outra banda, Cruz Vermella organiza unha función de teatro que terá lugar ás 20:30h no Centro Cultural. Neste caso a Compañía «Os Mellores do ghrupo» de Oia porá en escea a obra «O veleno, só ou con leite?». 


 A Casa dos Alonso continúa acollendo a exposición «Alfombras Florais da Guarda», na que a través de varias fotografías, documentos e publicacións na prensa local, recolle a historia desta arraigada tradición na Guarda, xunto con explicacións sobre como é este traballo.

 Horario de visita de 11:00 a 13:30h e de 18:00 a 21:00h. 

SÁBADO 22: 


 A Biblioteca Pública Municipal de A Guarda celebra o remate do curso escolar  e o comezo do verán cunha nova sesión de Contos Contados que terá lugar este sábado  día 22 de xuño ás 11:30 horas.  


 Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30 horas realizarase a visita guiada ao Castro do Monte Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento arqueolóxico do Monte Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos. 

 Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos. 

 Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504. 

 A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos. 

 Na Casa dos Alonso continúa aberta a exposición «Alfombras Florais da Guarda». poden visitarse de 11:00 a 13:30h e de 18:00 a 21:00h. 
 
 O Centro de Interpretación das Fortalezas na Fortaleza de Santa Cruz continúa acollendo a exposición de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como a Ponte do Tamuxe, a Igrexa de Santa Mariña do Rosal, un muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, ademais das maquetas das catedrais de Santiago de Compostela e Notre Dame de París. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. 



Horario: De 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h. 

Entrada: 1€ adultos e 0,50€ ata 14 anos inclusive. 

 O Clube de Remo Robaleira organiza esta sábado unha xornada de portas abertas para conmemorar o seu 30º aniversario, contando nas súas instalacións cunha exposición fotográfica, así como un serán con grupos de baile, gaita e cantos de taberna e sardiñada popular. Nesta edición de San Xoán organizan unha gran fogueira que rematará co conxuro da queimada a cargo de Victoriano Rodríguez González.

 Este sábado celébranse tamén as Festas de San Xoán na Praza de Salcidos cunha gran churrascada popular con actuación musical e fogueiras.  

DOMINGO 23: 

 Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro do Monte Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento arqueolóxico e que terá unha duración aproximada de 30 minutos. 

 Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos. 

 Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504. 

 A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos. 

 A Casa dos Alonso acolle a exposición «Alfombras Florais da Guarda», podendo visitarse de 11:00 a 13:30h e de 18:00 a 21:00h. 

 No Centro de Interpretación das Fortalezas na Fortaleza de Santa Cruz continúa a exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González.

 Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h. 

 Entrada: 1€ adultos e 0,50€ ata 14 anos inclusive. 

 Esta fin de semana celebrase a festividade do Santísimo Sacramento na vila da Guarda.

 Ás 12:30h., a igrexa de Santa María acollerá a misa solemne e a partires das 13:00h sairá a procesión que percorrerá as rúas que se engalan de flores para esta ocasión coas alfombras florais e de sal seguindo o itinerario acostumbrado. 

 Dende a Asociación Cultural Alfombras da Guarda, convidan a veciños e visitantes, a participar na realización das diferentes alfombras florais que adornarán as súas rúas dende a noitiña do sábado. 



 Para rematar esta fin de semana a Asociación Veciñal das Parroquias da Guarda organiza unha gran Fogueira de San Xoán no antigo Estadio do Tecla, con cantina e oferta gastronómica a prezos populares, e amenización a  cargo de grupos de gaita e baile da zona. 

 O evento comezará a partires das 20:00h  e ás 22:00h será o prendido da fogueira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario