PRIMEIRA DAS REUNIÓNS MANTIDAS COA VECIÑANZA DE SAN XIÁN
Co obxectivo de analizar o proxecto “A esplanada do Horizonte”
Co obxectivo de analizar o proxecto “A esplanada do Horizonte”
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís presidiu a reunión
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
O executivo municipal do Concello do Rosal, que preside a alcaldesa Ánxela Fernández Callís, ven de facer público que onte mantiveron “unha reunión entre a Comunidade de Montes do Rosal, o equipo técnico redactor do proxecto encabezado pola arquitecta Maria Fandiño, a alcaldesa e os concelleiros responsables de área, co obxectivo de analizar o proxecto “A esplanada do Horizonte” gañador dos premios Galicia Parabéns 2019.
O vindeiro venres 21 ás 20:30 h., convócase á veciñanza na escola unitaria de San Xián para expoñer e recoller propostas acerca do proxecto. Deste xeito farase partícipe a todas e todos os veciños. Despois achegarémonos ata a esplanada para visibilizado sobre o terreo”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario