NOVAS CONCELLERÍAS E ASIGNACIÓN DE ÁMBITOS DE RESPONSABILIDADE NO CONCELLO DO ROSAL
O vindeiro martes 25 de xuño ás 21:00 horas, celebrarase o pleno
organizativo no que se asignarán os ámbitos de responsabilidade no
concello do Rosal
A alcaldesa do Rosal Ánxela Fernández Callís - terceira pola esq. - co seu equipo de goberno municipal
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
O executivo municipal do concello do Rosal, que preside a alcaldesa Ánxela Fernández Callís, fixo público que o vindeiro martes 25 de xuño ás 21:00 horas, celebrarase o pleno organizativo no que se asignarán os ámbitos de responsabilidade no concello do Rosal.
Deste xeito quedarán conformadas as concellerías e tarefas propias de cada membro do equipo de goberno, do seguinte modo:
ALCALDÍA
Ánxela Fernández Callís
Xuntamente coa Alcaldía, asumirá as áreas de Economía e Facenda, Formación e Emprego, Comercio, Participación Cidadá, Comunicación e Transparencia e Novas Tecnoloxías.
TENENCIA DE ALCALDÍA
Sara Vicente Salcidos
Dirixirá as áreas de Cultura, Medio Ambiente (Auga, lixo e compostaxe), Agricultura e Montes e Xuventude.
Germán Fernández Rodríguez
Asumirá ás áreas de Vías e Obras, Tráfico e Seguridade, Protección Civil e Deporte.
Estas delegacións abarcarán tanto as facultades de dirixilos servizos correspondentes, como a de xestionalos en xeral ca posibilidade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.
OUTRAS DELEGACIÓNS ESPECÍFICAS
Sabela Rodríguez Jardón
Servizos Sociais, Igualdade e Muller
Roxelio Fernández Portela
Urbanismo e Persoal
Carlos Villanueva Domínguez
Educación, Sanidade, Transporte e Patrimonio
Juan César Paredes Domínguez
Turismo
Estas delegacións comprenderán a dirección interna e a xestión dos servizos correspondentes, sen posibilidade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario