29 de xuño de 2019

LABORAL

O Tribunal Supremo ratifica a sentenza sobre a fixeza da relación laboral do GES de A Guarda    

O Supremo inadmite o recurso de casación presentado polo Concello     

A sentenza pioneira sobre a fixeza do persoal temporal contratado en fraude de lei pola Administración Pública é firme a todos os efectos e será a base da conversión en fixos de milleiros de postos temporais en todo o Estado    

O Concello de A Guarda é tamén condeado a pagar os gastos xudiciais  


 CNT Sección Sindical GES / A Guarda

 De novo a xustiza vólvelle a dar a razón aos afiliados da CNT no Concello de A Guarda no posto de bombeiros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal deste mesmo Concello. 

 O Tribunal Supremo pronunciase da seguinte maneira: “Se declara la firmeza de la sentencia recurrida con imposición de costas a la recurrente y dándose, en su caso, a las consignaciones y aseguramientos prestados el destino que corresponda” confirmando así a sentenza do TSXG onde se a fixeza da relación laboral destes traballadores do Concello de A Guarda. Sen dúbida, esta sentenza supón dar volta a todo o réxime xurídico das relacións laborais do persoal temporal da administración e marca o punto inicial do fin da contratación en fraude de lei realizada polas Administracións Públicas, que empregan abusivamente esta contratación para empregala como arma e ameza constante contra as reclamacións do persoal do sector público.  

 Os bombeiros da Sección Sindical da CNT demandaron os seus dereitos laborais ao ter aprobado e superado o concurso-oposición convocado polo Concello de A Guarda no 2013. Na contratación destes figuraban como persoal laboral e contratos de fin de obra, algo totalmente intolerable, xa que, como se recolle nos autos o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia “La sentencia de instancia resuelve que la condición de los trabajadores no puede ser la de temporales por dos motivos: a)… b) porque los trabajos para los que fueron contratados los actores –servicios en materia de emergencias y prevención y de defensa contra incendios forestales- son competencias municipales, de carácter estructural y estables en lo que se refiere a su prestación, por lo que no se puede considerar que se traten de una obra o servicio limitada en el tiempo”.  

 Ademais, no que se refire ao CONCURSO-OPOSICIÓN convocado polo Concello de A Guarda para as 9 prazas para o GES, e aínda que o alcalde de A Guarda, D. Antonio Lomba,  se negue a recoñecer a legalidade e lexitimidade deste proceso, como publicaba no xornal “Faro de Vigo” onde dicía “Pensamos que es  una forma irregular de acceder a un puesto público sin haber aprobado unas oposiciones”, ratifícase a postura mantida pola CNT segundo a que todo o persoal que supere un proceso selectivo debe ser considerado persoal fixo e non pode aplicarse a figura do indefinido-non fixo, como tamén ratifica o TSXG: “Para los fijos claramente se desprende del 61.7 del EBEP que establece que los sistemas selectivos de personal laboral fijo serán los de oposición, concurso-oposición, con las características establecidas en el apartado anterior, (se refiere al proceso selectivo de los funcionarios fijos) o concurso de valoración de méritos”.  

 Tamén dicía o alcalde Antonio Lomba en dito xornal que “...desde que fueron contratados sabían cuáles eran sus condiciones de trabajo.” As condicións son aquelas que se espera calquera traballador na Administración Pública, un traballo estable, xa que en ningún momento se especificaba o carácter temporal de esta oferta pública de emprego, un traballo digno e seguro, no cal non se deba de estar de seguido con demandas ante inspección de traballo no que se refire a seguridade dos traballadores ou nos xulgados por non respectar os dereitos laborais de estes, como é o caso das demandas gañadas polos bombeiros da sección da CNT demandantes en materia de cobro de trienios, cobro dos cursos de formación, cobro de horas traballadas a máis da xornada laboral anual, etc. Isto é o que se espera das condicións de traballo, ademais dunha acertada xestión dun servizo de Emerxencias e  Protección Civil profesional e público como son os GES.

Ningún comentario:

Publicar un comentario