Sesión informativa sobre autoemprego
Dentro do programa “Rumbo ao Emprego”
A actividade, aberta ao público xeral, desenvolverase este venres día 7 de xuño, no Centro Social Polivalente do Rosal de 18:30 a 21:00 horas
Infogauda / Oia
O executivo municipal do Concello de Oia, que preside á alcaldesa en funcións Cristina Correa Pombal ven de dar a coñecer que o Centro Social Polivalente do Rosal acollerá este venres día 7 de xuño unha sesión informativa sobre autoemprego, a cal se desenvolverá baixo o título “Emprender, que pasos debemos seguir?”. A actividade forma parte do proxecto “Rumbo ao Emprego” que, desde o pasado mes de abril, están a levar a cabo conxuntamente os concellos de Oia e O Rosal.
A xornada desenvolverase entre as 18:30 e as 21:00 horas e está aberta ao público xeral. Non é preciso inscribirse previamente.
“Rumbo ao Emprego”
“Rumbo ao Emprego” é un proxecto conxunto de fomento do emprego que inclúe formación, prácticas en empresas, orientación e acompañamento individualizado para a procura de traballo.
Organizado polos concellos de Oia e O Rosal, conta co financiamento da Deputación de Pontevedra dentro da liña 2 do Plan Concellos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario