PIRAGÜISMO
3 MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS NA 4ª COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM
Alejandro Barreiro - no centro do podio - logrou a medalla de ouro na categoría prebenxamín
Javier Luch - no centro do podio- logrou a medalla de ouro en K1 benxamín
Informa (redacción e fotografías): Rosa Fernández Carrera
Os máis pequenos do slálom galego déronse cita este domingo na localidade de Ribadumia para celebrar a cuarta competición da Liga Galega de Promoción de Slálom. Seis foron os pequenos Teixugos que participaron no evento.
Mateo Rivas - no podio, a esquerda da imaxe -, medalla de bronce na modalidade K1, categoría Infantil
Na categoría Infantil, na modalidade K1, Mateo Rivas foi o mellor dos Teixugos coa súa terceira posición. Adrián Lluch acadou un meritorio sétimo lugar e Álex González foi décimo segundo. Na mesma categoría, modalidade C1, Adrián Lluch foi o único Teixugo en baixar, rematando sexto.
Javier Luch participou en K1 benxamín facendo a mellor baixada da súa categoría, alzándose coa medalla de ouro.
Alejandro Barreiro tamén foi o mellor da categoría prebenxamín, conseguindo o segundo dos ouros para o club.
Dúas medallas de ouro e unha de bronce, foi por tanto, o balance desta competición para o Club Deportivo Miño-Teixugos, que a pesar de ter un equipo minguado, segue colleitando éxitos.
Este é un deporte individual que fomenta a responsabilidade, e a amizade e convivencia con nenas e nenos de distintos lugares de Galicia, España e Portugal. O único requisito para anotarse e saber nadar. Desde o Club Deportivo Miño anímase as familias de Tomiño e concellos lindeiros a anotar as súas fillas e fillos a este deporte, destacando a total seguridade da súa práctica, pois nenas e nenos están absolutamente concienciados dende o primeiro momento na obrigatoriedade do uso de chaleco e casco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario