27 de xuño de 2019

DEPORTES

HOCKEY LIÑA    


TRES XOGADORES DE A GUARDA HOCKEY LIÑA NA SELECCIÓN GALEGA 

Sheila Silva (porteira), Alejandra Lorenzo e Tomás Gutiérrez
 

De esq. a der.: Sheila Silva (porteira), Alejandra Lorenzo e Tomás Gutiérrez


Miguel Fernández Lomba / A Guarda

 Esta fin de semana celebrarase no pavillón municipal Daniel Cordido, de Lugo, o cuarto Torneo de Tecnificación de Seleccións Autonómicas, con presenza de tres xogadores do equipo local A Guarda Hockey Liña más distintas categorías.

 O torneo disputarase nas categorías alevín, infantil e feminino Sub 20 entre as seleccións autonómicas de Catalunya, Andalucía, Euskadi, Comunitat Valenciana e Galiza, que exerce coma anfitrioa desta edición. 

 As xogadoras Sheila Silva (porteira), Alejandra Lorenzo e o xogador Tomás Gutiérrez formarán parte da Selección Galega de Hockey Liña que tomará parte nesta competición representando ó clube local A Guarda Hockey Liña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario