27 de xuño de 2019

DEPORTES

Tomiño, sede doutro curso intensivo de Monitor de Fútbol Base 

A actividade desenvolveranse de forma intensiva entre o 8 e o 19 de xullo, de 9:00 a 15:00h, na Escola Obradoiro Goián  

A presentación do curso tivo lugar onte pola tarde no Concello de Tomiño, coa asistencia de Delfín Alonso, delegado da RFGF en Vigo; José Luis Mosquera, delegado de zona da Escola de Adestradores; a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o concelleiro de Deportes en funcións, Ismael Troncoso 
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 A Escola Galega de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), continuando co seu compromiso de actualización de técnicos de fútbol, pon en marcha un Curso Intensivo de Monitor de Fútbol Base coa colaboración do Concello de Tomiño.  


 O obxectivo desta actividade é dotar aos adestradores das mellores ferramentas para poder exercer a súa labor formativa.  

 O curso desenvolveranse de forma intensiva entre o 8 e o 19 de xullo, de 9:00 a 15:00h, na Escola Obradoiro Goián.

 A inscrición para os dous cursos xa está aberta e debe facerse de forma telemática (on-line).

 As persoas interesadas poden consultar as bases da convocatoria no seguinte enlace:     

http://www.futgal.es/pnfg/NNws_ShwNewDup?codigo=22137&cod_primaria=5000289&cod_secundaria=5000289#.XRSXEv5S-Uk     

 A presentación do curso tivo lugar onte pola tarde no Concello de Tomiño, coa asistencia de Delfín Alonso, delegado da RFGF en Vigo; José Luis Mosquera, delegado de zona da Escola de Adestradores; a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o concelleiro de Deportes en funcións, Ismael Troncoso. Este último salientou a oportunidade de formarse coma adestrador/a de deportes de base, tanto pola súa saída laboral coma pola súa función social

Ningún comentario:

Publicar un comentario