ATLETISMO
O GUARDÉS ÁLEX SIERPES E AS TOMIÑESAS PAULA ROCHA E PAULA LAGO, COLLEITAN UN REPOKER DE MEDALLAS PARA O ATLETISMO TREGA DE TOMIÑO
NO CAMPIONATO GALEGO E NO PROVINCIAL DE XOGADE DE PONTEVEDRA
Álex Sierpes Pereira, campión de pista ao aire libre 2019, sub12 de 2.000 metros lisos
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes Infogauda
Para comezar, o sábado 1 de xuño, en xornada de mañá, os atletas da Escola de Atletismo Trega, de Tomiño, desprazáronse ata terras lucenses para disputar o XIII Campionato de Galicia Sub10 e Sub12.
En plena onda de calor, o Estadio Gregorio Pérez, de Lugo, sería o escenario que acolleu a máis de 800 atletas federados de toda a comunidade autónoma, onde o disputarían as 16 mellores marcas galegas da actual clasificación gallega.
Adestradores e tódolos atletas participantes no Campionato Provincial de Pontevedra
Ata alí desprazáronse 6 atletas do Baixo Miño, 3 da categoría Sub10 e 3 da Sub12.
Os integrantes que compuxeron a expedición foron os seguintes:
Aarón Dacuña, Amanda Martínez, Paula Rocha, Paula Lago e Álex Sierpes, sendo este último Álex o atleta máis destacado do club, participando na final de 2.000 ml, parando o crono nun tempo de 6´46", proclamándose campión galego de pista ao aire libre 2019, sub12 de 2000 metros lisos.
Por outra parte, o domingo 2 de xuño, celebrouse, en xornada de mañá o Campionato Provincial Escolar da categoría Sub12 e combinadas Sub14 paralelamente, na cidade do Lérez, no Estadio da Mocidade (Pontevedra).
Xa cunha considerable baixada de temperatura, que nos deixou presenciar o desenvolvimiento das probas durante toda a mañá e tamén vimos as 16 mellores marcas da clasificación provincial.
A nosa representación de atletas clasificados sería a seguinte: Mara Romeu (combinadas infantil), Mara González 500 ml e substitucións, Paula Martín 2.000 m marcha, peso e substitucións, Paula Lago 500 m e substitucións, Paula Rocha 2.000 ml e substitucións, Álex Sierpes velocidade 60 ml máis 1.000 ml, sendo os máis destacados Paula Lago, Paula Rocha e Álex Sierpes.
Paula Lago - a esq. de imaxe - proclamou subcampioa provincial 2019 de 500 ml
Paula Lago disputou a final dos 500 ml, que foi unha carreira moi rápida de principio a fin, facendo marca persoal cun tempo de 1´31" 20, proclamándose subcampioa provincial 2019.
Paula Rocha - a esq. da imaxe - subcampioa provincial 2019 de 2.000 ml
Na final dos 2.000 ml teriamos a Paula Rocha que desde a saída foi tamén moi valente, saíndo a roda da gañadora onde tan só na parte final afrouxou un pouco. Fíxose coa prata e proclamouse subcampioa provincial 2019, cun tempo de 7´54".
Álex Sierpes, campión provincial 2019 de 1.000 ml
Álex Sierpes, medalla de bronce nos 60 ml, no campionat provincial 2019
Por último, Álex Sierpes fíxose cun dobrete, conseguindo o bronce nos 60 metros lisos velocidade e co ouro nos 1.000 metros lisos cunha marca de 3´09" 03 proclamándose campión provincial 2019. Deste xeito esta fin de semana fixo un triplete, conseguindo un ouro gallego, ouro provincial e bronce provincial. No seu palmarés xa posúe 18 títulos de campión galego autonómico, sumando 26 medallas galegas, sendo esta a máxima competición para a súa categoría, ademais de 8 récords galegos en diversas probas, demostrando que o medio fondo e fondo do Trega de base, segue tendo moi boa saúde.
Parabéns a todos, tamén aos seus adestradores Javier Sierpes e Patricia Pereira, e a seguir traballando para continuar colleitando títulos e alegrías.
Ningún comentario:
Publicar un comentario