19 de xuño de 2019

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

Mª Mercedes Martínez Vázquez tomou posesión como presidenta da Entidade Local Menor  de Camposancos 

É a primeira vez na historia da E.L.M. de Camposancos, que á presidencia recae nunha muller
 `

Mª Mercedes Martínez Vázquez, presidenta da Entidade Local Menor no balcón da pedanía, coa bandeira e a cañota de Camposancos



Infogauda / Camposancos

 Mª Mercedes Martínez Vázquez, do BNG, que resultou elexida o pasado 26 de maio presidenta da Entidade Local Menor de Camposancos, tomou onte martes día 18 de xuño, posesión do seu cargo. 

 Nun acto cargado de emotividade, a recén elexida presidenta, tomou a palabra para agradecer a presenza alí de todos os camposinos e camposinas que a acompañaban e ofrecer a man tendida as outras forzas políticas con representación na E.L.M..

 Noutro momento da súa intervención Mª Mercedes Martínez, quixo deixar clara a importancia da participación veciñal como unha das características deste novo mandato sinalando “a xestión desta comunidade vai ser ante todo democrática, vai haber xuntanzas periódicas para informar as veciñas e veciños do traballo a desenvolver”.

De esq. a der.: Mª Jesús Martínez Martínez, Sabela Pérez Pardo, Mónica Fuentes Maya, Mª Mercedes Martínez Vázquez, o secretario da E.L.M. de Camposancos, e Fernando Román Cajaraville


 Compre salientar que é a primeira vez na historia da Entidade Local Menor de Camposancos que á presidencia da súa xunta veciñal recae nunha muller. Ese feito vai marcar un antes e un despois na E.L.M., pois temos a certeza que a partires de agora a participación feminina no seo do órgano de goberno da Entidade non se vai cinguir - como aconteceu nestes últimos anos - tan soio os cárregos de vogais. Que unha muller presida a xunta da E.L.M. de Camposancos, é algo que ven a normalizar - en termos de paridade - a Pedanía, no referente á participación feminina nese órgano de representación veciñal, e iso, sen lugar á dúbidas, sempre é positivo.

 Ademáis da alcaldesa pedánea, Mª Mercedes Martínez Vázquez, forman parte da xunta da E.L. M. de Camposancos ás seguintes persoas: Sabela Pérez Pardo (do BNG); María Jesús Martínez Martínez e Mónica Fuentes Maya (do PP); e Fernando Román Cajaraville (do PSdeG-PSOE).

Ningún comentario:

Publicar un comentario