29 de xuño de 2019

A PASAXE (CAMPOSANCOS) A GUARDA

CULTURA MARÍTIMA

CALAFATES DE PÓVOA DE VARZIM COLABORAN NOS TRABALLOS DO VOLANTEIRO DE PIUEIRO

Esta fin de semana estiveron traballando nesa embarcación tradicional


Calafates poveiros traballando no calafateado do volanteiro que a Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro ten en construcción nos estaleiros de Minxos
Foto: Piueiro

Ricardo Rodríguez Vicente / A Pasaxe (Camposancos)

  A carga de traballo que ten o estaleiro do Minxos, motivou que tiveran que deixar nun segundo plano outros traballos. Foi algo imprevisto. E como o sector pesqueiro non pode permitirse ter os barcos no carro máis tempo do necesario, motivou un troco no calendario inicialmente previsto pola Asociación Piueiro. Pero como en case todo nesta vida, cando hai boa vontade de parte a parte, existen solucións.

 As veces non hai mellor proba de irmandade que botar unha man cando alguén o precisa. E iso foi o que un grupo de calafates de Póvoa de Varzim non dubidou en facer esta fin de semana, pois sabedores do apuro que ten a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro de A Guarda, para ter o volanteiro que está construíndo en Astilleros El Pasaje, S.L., de A Pasaxe (Camposancos), en condicions de presentalo no XIV Encontro de Embarcacions Tradicionais de Galicia; viñeron ata A Guarda para efectuar o labor de calafateado desa embarcación, sacrificando a fin de semana e o necesario descanso que todos precisamos. Pero aí estiveron facendo eses traballos, indispensables en calquer embarcación construída en madeira, segundo os canons dos antigos mestres carpinteiros de ribeira.

 Que grande alegría é sentir que a secular relación entre as poboacións de Póvoa de Varzim (Portugal) e de A Guarda (Galiza), manténse viva ao longo dos tempos!

 A presenza activa dos calafates poveiros no noso pobo, fainos sentir unha emoción indescritible, ao tempo que sentimos moi honrados por esa impagable colaboración. Dese xeito, o volanteiro de Piueiro tamén levará unha mostra da vella amizade entre mariñeiros poveiros e guardeses.

 O volanteiro "Piueiro" será o emblema do XIV Encontro de Embarcacions Tradicionais de Galicia, que celebrarase no porto de A Guarda do 11 ao 14 de xullo de 2019.

 As características principais do volanteiro que Piueiro ten en construcción son as seguintes: 

Nome:       Provincia marítima:   Distrito marítimo:
Piueiro       Vigo                             A Guarda
Folio:         Lista:
1/2019       9
Distintivo de llamada:                 N.I.B.:
EB2369                                         437085
Indicativo de matrícula:
9ª VI-7-1-19
Tipo de embarcación:
Recreo e deportivas
Subtipo de embarcación: 
Veleiro
Dimensións                                Tonelaxe
Eslora: 12,22; Manga: 3,83        T.R.B.: 10,85   G.T.: 11,06

Ningún comentario:

Publicar un comentario