O Concello agradece o traballo das alfombristas da Guarda
Na tarde do sábado, o alcalde Antonio Lomba Baz e Mª Elena Baz Rodríguez visitaron os diferentes grupos de alfombristas guardesas
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
A pasada fin de semana A Guarda celebrou a festividade do Santísimo Sacramento coa elaboración das tradicionais alfombras florais.
Dende varias semanas atrás moitas persoas traballaron con moito esforzo e dedicación na preparación dos diferentes materiais que se empregaron na mañá do pasado domingo para a confección dos tapices florais e de sal.
Deste xeito, traballaron arreo os veciños do pobo que colectivamente e de modo espontáneo, organízanse para levar a cabo esta actividade, na que contabilizáronse uns 2.300 m2 de superficie en tapices florais que luciron, no seu máximo esplendor, na xornada do domingo cando remataron os traballos dos centos de alfombristas dos 10 tramos que engalanáronse.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, salientou o traballo levado a cabo na celebración do Santísimo deste ano, no que ante as adversas previsions meteorolóxicas as veciñas e os veciños tiveron que confeccionar as alfombras florais cun novo horario. Normalmente comezan a facelas cara a noite do sábado. Non obstante, nesta edición empezaron despois das 6 da mañá do domingo, e grazas ó seu incansable traballo, conseguiron rematalas a tempo para a procesión do Santísimo, que tivo lugar ás 18:00h.
Dende o Concello da Guarda e dende a Asociación Cultural Alfombras da Guarda agradecen o traballo de todas as persoas - alfombristas, colaboradores, confrarías, Policía Local e persoal municipal de limpeza - que fixeron posible que esta celebración fose todo un éxito e así poder continuar esta tradición ano a ano.
Nova relacionada
Nova relacionada
Ningún comentario:
Publicar un comentario