14 de maio de 2019

VILABOA

Alfonso Rueda defende que Alberto Acuña ten a preparación e o empuxe para dar a Vilaboa o cambio urxente que precisa  

• O presidente provincial, acompañado por Rosa Quintana, chama a unir o voto en torno ao PP como única alternativa a un goberno municipal “desgastado e sen ideas”  

• O candidato á Alcaldía presenta a lista de 20 persoas coa que  concorrerá ás eleccións municipais cun programa baseado no emprego, o desenvolvemento local, o turismo ou as políticas sociais 

O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, con Rosa Quintana e José Manuel Cores, na presentación da candidatura do PP encabezada por Alberto Acuña, candidato á Alcaldía de Vilaboa

Infogauda / Vilaboa

 O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou hoxe que Alberto Acuña ten a preparación e o empuxe que fan falta para dar a Vilaboa “o cambio urxente que precisa”. “Un candidato novo, cun equipo con talento que aúna experiencia e xuventude para sacar adiante proxectos para todos, frente a un goberno municipal desgastado e sen ideas que o único que fai e botarlle a culpa de todo aos demais”.     

 Durante a súa participación nun mitin que serviu de presentación da lista que acompañará a Alberto Acuña na súa candidatura á Alcaldía de Vilaboa nas eleccións municipais, no que tamén estivo Rosa Quintana, Rueda incidiu en que os populares “van sair a gañar o vindeiro 26 de maio en Vilaboa,  igual que o farán en todos os concellos da provincia”. “Temos os mellores candidatos e os mellores equipos”.  

 Nesta liña destacou que Alberto Acuña “vai ser un magnífico alcalde” para Vilaboa, porque ten moi clara a importancia de ter boa interlocución co resto das administración e vontade de chegar a acordos para todos. Rueda chamou a traballar con unidade e intensidade para que este concello teña “o alcalde que merece” e destacou ao PP como un partido unido, traballador e que ten experiencia de goberno. “Unha garantía de estabilidade, compromiso e saber facer”.  

 Pola súa banda, Alberto Acuña incidiu en que nas vindeiras eleccións municipais só hai dúas alternativas para Vilaboa. “O continuismo ou a renovación que representa a lista do PP”.  “Xa é tempo de Vilaboa. Xa e tempo de superar ás coalicións e ir cara un goberno forte do Partido Popular”, suliñou. Igualmente, adiantou que o programa que levará a cabo en caso de sair elexido alcalde vai incluir unha forte aposta pola economía, o emprego e o desenvolvemento local, ademáis doutros piares como o turismo, a seguridade, o medio ambiente, a cultura e o deporte, con especial atención ás políticas de igualdade e aos servizos sociais.   

 Finalmente, o candidato presentou a lista cos nomes que o acompañarán nas eleccións. 

CANDIDATURA DO PP DE VILABOA ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 26 DE MAIO



1.         Alberto Acuña Crespo
2.                Yolanda Rosales Buceta
3.                María Noelia Miñán Santos
4.                María Beatriz Rosendo Sanjorge
5.                David Abelenda Pazos
6.                Patricia Romero Raposo
7.                José Luis Filgueira Crespo
8.                Alberto Canosa Currás
9.                María del Carmen Sobral Poceiro
10.          Francisco José Izquierdo Ojea
11.          María Rosana Palmás Reguera
12.          Rubén Peón Prieto
13.          Jorge David Gutierrez Guiao

14.          Paula Cabaleiro Buceta
15.          Ángel Manuel Calvar Ríos
16.          Andrea Miñán Santos
17.          José Carlos Fernández López
18.          Benito Barreiro Iglesias
19.          Cecilia Acuña Crespo
20.          Jorge Piay Peón

Nota da Redacción de Infogauda: Información publicada o 13.05.2019 e actualizada ás 12:56 h. do 14.05.2019

Ningún comentario:

Publicar un comentario