O Parque Acuático de Vila Nova de Cerveira abre as súas portas o 14 de xuño
De acceso gratuíto, o parque funcionará até finais de setembro, de martes a domingo, de 10:00 a 12:30 e de 14:00 a 19:30 horas
Parque Acuático do Castelinho
Foto: C.T.
Infogauda / Vila Nova de Cerveira
Coa proximidade do verán, deuse a coñecer xa a data de abertura ao público do Parque Acuático do Castelinho, en Vila Nova de Cerveira. Será o vindeiro 14 de xuño.
Veciño do Aquamuseu e á beira do Miño, este parque acuático incorpora unha compoñente lúdico-pedagóxica singular, con diversións asociadas ao treito internacional de auga, con réplicas de canles, comportas, encoros e repuxos de auga.
No marco da Eurocidade Tomiño-Cerveira, este parque acuático é un dos equipamentos públicos do que se pode beneficiar a veciñanza de Tomiño, coma ocorre tamén no caso da piscina municipal ou da escola de música.
De acceso gratuíto, o Parque Acuático de Vila Nova de Cerveira funcionará entre 14 de xuño e finais de setembro, de martes a domingo, entre as 10:00 e as 12:30 e as 14:00 e as 19:30, permañecendo pechado todos os luns para tarefas de mantemento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario