COMEZOU A INSTALACIÓN DO CENTRO DE COMPOSTAXE COMUNITARIA
Ubicación do composteiro comunitario cuxas obras de instalación xa comezaron
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
O executivo municipal do Concello do Rosal, que preside á alcaldesa en funcions, María del Carmen Alonso Alonso fixo público que comezou a instalación do centro de compostaxe comunitaria do Rosal.
"Coa implantación do composteiro comunitario darase unha alternativa a moita xente que quere compostar os seus residuos orgánicos pero que non ten a posibilidade de instalar un composteiro individual no seu fogar.
Cada día é mais evidente que a compostaxe é a alternativa ó ineficiente sistema actual de xestión dos residuos orgánicos. Unha visión que compartimos con outras moitas localidades de Galiza, España e Europa", afirma María del Carmen Alonso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario