O Concello de Tomiño organiza un novo obradoiro de autodefensa feminista
A actividade, organizada a través da Oficina Municipal de Igualdade, impartirase o sábado 8 de xuño en horario de mañá e tarde
Infogauda / Tomiño
O sábado 8 de xuño, celebrarase un novo obradoiro de autodefensa feminista, organizado polo Concello de Tomiño a través das oficina municipais de Igualdade e Información Xuvenil.
Esta actividade, moi demandada polas cidadás tomiñesas, será impartida en horario de mañá e tarde (10:00 a 13:00 e 16:00 a 19:00 horas) na Casa da Cultura, e está dirixida a mulleres a partir de 15 anos.
As prazas son 30 e as inscricións abríronse hoxe a través da web municipal (www.tomino.gal). Asemade, pode enviarse un correo electrónico a omix@tomino.gal, ou ben, chamar ao número de teléfono 986 622 001 en horario de 8:00 a 15:00.
A actividade é financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad, a través da Secretaría de Estado de Igualdad.
Ningún comentario:
Publicar un comentario