4 de maio de 2019

RANDUFE (TUI)

CELEBRACIÓN DO DÍA DA NAI NA ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA "XUNTANZA"

Bibiana Vila Rodríguez * / Randufe (Tui)

 O domingo día 5 de maio ás 18:00 horas teremos o Festival do Día da Nai, no que contaremos coa presentación do grupo de Playbacks da nosa asociación e coa actuación do grupo de teatro infantil “Pantuflas Verdes e os Remolóns”. Presentan a súa obra “O Titanic que nunca afundiu”, aventuras e desventuras duns pasaxeiros moi rocambolescos que pasan no Titanic unha estancia moi singular e divertida. 

 E por se isto fora pouco, todas aquelas nais que asistan serán agasalladas cun bonito detalle. Ademais todos os/as socios/as asistentes entrarán nun sorteo directo. 

 Aproveitamos a ocasión para felicitar a todas as nais e ás futuras mamás. Parabens!

EXCURSIÓN AO FUCIÑO DO PORCO – VIVEIRO
2 DE XUÑO DE 2019

 “O Fuciño do Porco”, coñecido con este nome pola forma coa que se presenta o seu perfil ante os mariñeiros da zona que o avistan dende o mar, é un pequeno saínte costeiro entre as praias de Abrela e San Román. 

 O acceso a este lugar prodúcese a través da praia de Abrela, comeza nunha pista forestal de 1,3 km de percorrido para facer a pé que desemboca nun tramo de 400 m de pasarela entre acantilados que permiten o mantemento dunha pequena baliza marítima que marca o extremo occidental da ría de Viveiro. 

 Ao mediodía comeremos no Monte San Roque, onde as vistas da ría son espectaculares. Conta cunha capela que data do século XVI e cunha reserva de animais en catividade. 

 Pola tarde visitaremos o casco histórico de Viveiro acompañados dun guía. Consiste nun percorrido dunhas 2 horas na que se explicarán os diferentes puntos de interese da Vila. Ademais visitaremos diferentes templos, entre eles o claustro do convento de San Francisco, onde realizaremos a visita á exposición permanente de varias imaxes da Semana Santa de Viveiro. Por último percorreremos algunhas antigas rúas gremiais e as prazas do casco histórico. Unha boa oportunidade para estarmos xuntos, en familia e para coñecer a mariña lucense!!

· Data: domingo, 2 de xuño. 
· Saída: ás 8:00h na casa cultural de Randufe (autobús). 
· Regreso: aproximadamente ás 22:00h. 
· Xantar: por conta de cada excursionista. 
· Prezos: 20€ socios, 25€ non socios, 12€ nenos ata 12 anos. (Inclúe viaxe en autobús, guía e seguro) 
· Inscricións: chama ou envía un Whatsapp ó teléfono 646 646 500. 
· Pagamento: os luns 20 e 27 de maio ás 21:30h, na casa cultural, estarán membros da directiva para recoller o diñeiro e informar de calquera dúbida. 

· Cando te inscribas lembra levar o teu DNI, que tamén deberás portar o día da excursión. 

 Data límite de inscricións: luns 27 de maio. 

 Prazas limitadas. 

*Como os prezos son axustados precisamos un grupo mínimo de 55 persoas.

Presidenta da Asociación Cultural e Deportiva "Xuntanza", de Randufe (Tui)

Ningún comentario:

Publicar un comentario