EXHIBICIÓN DE COCIÑADO NA PRAZA DE ABASTOS DO ROSAL
O vindeiro sábado día 25 de maio, de 11:00 a 13:00 horas, o chef Xoán Alonso Cruces elaborará varios pratos con productos que poden adquirirse no mercado municipal
Infogauda / O Rosal
O vindeiro sábado día 25 de maio, con motivo do Día do Mercado, celebrarase unha exhibición de cociñado na Praza de Abastos.
A Escola de Hostelería do Baixo Miño será a encargada de realizar a devandita demostración de cociñado con produtos que se poden adquirir no propio mercado.
O chef Xoán Alonso Cruces elaborará de 11:00 a 13:00 horas os seguintes pratos:
· Tartaletas de pisto con ovos de paspallás.
· Ceviche de pescada.
· Pementos de Padrón recheos con queixo tetilla.
· Espetada de pito crujiente con mel e mostaza
Os asistentes poderán levarse copia das recetas.
Así mesmo desde o Concello do Rosal animan a seguir o Facebook ou Instagram da campaña nomeando o perfil @quereoteumercado coa posibilidade de compartir fotos de mercar na praza e ser agasallados cunha mochila térmica e un mandil #quereoteumercado.
No marco da campaña QUERE O TEU MERCADO 2019, a Consellería de Economía, Emprego e Industria está a desenvolver un concurso de fotografía a través das redes sociais Facebook e Instagram, no que os participantes deberán compartir una fotografía nalgunha destas redes, mencionando ao perfil @quereoteumercado, para conseguir de forma directa una mochila térmica e un mandil da campaña.
As bases poden consultarse en http://www.quereoteumercado.gal/mercado/concurso-instagram/
Ningún comentario:
Publicar un comentario