23 de maio de 2019

A GUARDA

A ASEMBLEA COMARCAL DE CRUZ VERMELLA BAIXO MIÑO PON EN MARCHA UN TALLER DE AUTOIMAXE E AUTOESTIMA 

Nesta nova actividade os participantes aprenderán a verse mellor non só a través da imaxe que proxectamos, senón que poñendo en valor máis calidades.   




Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño / A Guarda

 O próximo 29 de maio de 17:00 a 18:30 horas, realizaremos na Asemblea Comarcal de Cruz Vermella un novo Taller de Autoestima e Autoimaxe para persoas maiores de 55 anos. Este taller esta pensado para favorecer e fomentar o desenvolvemento e mantemento da autoestima nas persoas maiores de 55 anos; influíndo positivamente na percepción que teñen de si mesmos a través da percepción positiva da súa imaxe tanto externa como interna.  

 O coñecemento da realidade social e o interese demostrado polos maiores para mellorar a súa calidade de vida, fundamentan a realización do proxecto do Taller de Autoestima. 

 Os principais obxectivos deste proxecto son:  
- Mellorar a percepción de se mesmos dos usuarios, favorecendo unha  autovaloración positiva, o cal,  repercutirá no seu benestar emocional. 
- Mellorar as condicións de vida, favorecendo a comunicación  asertiva e as relacións humanas. 
- Fomentar  escóitaa activa. 
- Reforzar a autoestima, mellorando así as relacións interpersoais e achegando seguridade aos asistentes. 
- Fomentar o pensamento positivo; permitindo así, obter unha nova perspectiva da realidade. 
- E Potenciar a participación dos asistentes en actividades grupais lúdicas e informativas. 

 Esta actividade pertence ao programa de Atención a persoas en proceso de envellecemento, financiado polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, co obxectivo principal de que as persoas maiores melloren a súa calidade de vida, relacións sociais. 

 Para poder participar nas actividades, bastará con inscribirse ademais as persoas poderán informarse dos diferentes proxectos e actividades que Cruz Vermella desenvolve para persoas maiores nesta comarca. 

 Para máis información dirixirse a:   

 Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño 
 Rúa Agustín  Nandín Lomba, nº 1 Baixo
 36780 - A Guarda

laguardia@cruzroja.es    
Teléfono: 986 61 46 09

Ningún comentario:

Publicar un comentario