PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN
DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA
PARA A SEMANA DO LUNS 3 AO VENRES 7 DE XUÑO
DE 2019
Martes, 4
19:30 horas
A
Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a inauguración da
exposición de pintura "EVOCACIÓNS", de Vitoria Ramírez Escudero,
na que a artista coruñesa ofrece desde monumentos emblemáticos como a Cibeles
de Madrid ata o mar da súa Galicia natal, cunha obra elegante, equilibrada e
que busca a beleza grazas á súa depurada
técnica ao óleo, que se reflicte nun perfecto dominio da cor e o uso da luz,
achegando lirismo ás súas composicións.
A mostra
“EVOCACIÓNS” poderá visitarse nas Salas A e L da Casa de Galicia ata o 28 de xuño; en horario, de 10 a 14 e de
16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.
Mércores, 5
19:30 horas
Inauguración
da exposición de escultura "dous mil dezanove”, de Miguel Couto, unha
mostra de obras figurativas na que o artista de Malpica (A Coruña), dá coñecer
as súas últimas series (en feminino) como o froito dun momento de inspiración,
cun proceso de construción en barro e
unha posterior fundición en bronce que
veñen ser experiencias maxistrais ao servizo dun resultado estético, con grupos
escultóricos moi harmónicos que se
caracterizan pola sinxeleza de liñas.
A mostra “dous
mil dezanove” poderá visitarse na Sala B
da Casa de Galicia ata o 28 de xuño; en
horario, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.
Xoves, 6
19:30 horas
Presentación da novela “SÁNDALO” de María Xosé Porteiro, escrita en galego e publicada
pola Editorial Galaxia, unha obra que tende unha ponte entre Galicia e América
a través de 200 anos de historia. Galicia e Cuba, dous universos unidos pola
corrente do Golfo, con feitos heroicos,
narrados coa fluída prosa dunha das xornalistas máis relevantes e que mellor
coñece a Galicia exterior.
Acompañarán á autora: Pilar Pin, Alfonso S. Palomares e
Ángeles Sallé.
Ningún comentario:
Publicar un comentario