FÚTBOL
O Goián F. C. disputa o ascenso de categoría ante o Cruceiro
O equipo de cadetes medirase o sábado ás 10 da mañá co C. Apóstol
Infogauda / Goián
O Goián F. C. xoga co Cruceiro este domingo, 12 de xuño, ás 18:00 horas, no Campo de Fútbol do Regatiño, disputándose o ascenso de categoría.
Cita moi importante, pero non menos que a do equipo de cadetes, que o sábado ás 10 da mañá mediranse co mesmo obxectivo ao C. Apóstol, tamén no campo do Regatiño.
Dende a Concellería de Deportes do Concello de Tomiño, desexan a ambos os equipos a mellor das sortes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario