5 de maio de 2019

DEPORTES

ATLETISMO

ÁLEX SIERPES PEREIRA, SUMA OUTRO RÉCORD GALEGO AO SEU PALMARÉS  DEPORTIVO


 Álex Sierpes Pereira
Foto: S.A.T.

Infogauda / Deportes

 Esta fin de semana pasada, unha gran noticia chegábanos das pistas de atletismo de Balaídos, onde se celebrou unha xornada zonal clasificatoria de pista aire libre do programa XOGADE para poder acceder aos provinciais. O atleta guardés Álex Sierpes Pereira, da  Sociedade Atlética do Trega de Tomiño, participou na proba de fondo de 2.000 metros lisos na categoría alevín masculino, parando o crono en 6´44" 06, batendo o récord galego da distancia, que el mesmo xa posuía desde o día 9 de xuño de 2018, cun tempo de 6´46" 85. 

 A día de hoxe Álex Sierpes segue nun estado de forma sensacional e continúa liderando os ránkings galegos da súa categoría nas distancias de fondo, medio fondo e marcha, nas seguintes probas, e coas respectivas marcas:  
   
     2.000 metros marcha (Alevín) 11´11" 5
2.000 metros lisos (Alevín) 6´44" 06
    1.000 metros lisos (Alevín) 3´11" 98     
   500 metros lisos (Alevín) 1´27" 17 

 Desde aquí queremos felicitar a este formidable atleta polo seu novo éxito. 

 En breve, agárdanlle as últimas competicións máis importantes da tempada de pista ao aire libre a falta de disputar o provincial e o galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario