8 de maio de 2019

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

O Concello de A Guarda adxudicou ás obras de mellora do camiño e o lavadoiro do Aloque  

Un ben patrimonial enmarcado no Camiño Portugués da Costa no que serán investidos 11.960,10€


 Camiño do Aloque, en Camposancos (A Guarda)
Foto: C.A.G.

Infogauda / Camposancos (A Guarda) 

 O executivo municipal do Concello de A Guarda, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz, informa que ven de adxudicar por 11.960,10€ o proxecto para a mellora do camiño e do lavadoiro do Aloque no barrio de Sáa en Camposancos, un ben patrimonial enmarcado no Camiño Portugués da Costa. 

 Estas actuacións levaranse a cabo a través dunha subvención para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural da Deputación de Pontevedra

FONTE E LAVADOIRO DO ALOQUE: UN PATRIMONIO CON MÁIS DUN SÉCULO DE ANTIGÜIDADE

 Segundo indican desde o executivo municipal a fonte e lavadoiro do Aloque é un ben patrimonial da Guarda cunha antigüidade de, cando menos o 1918, segundo os datos que se conservan nas pedras da súa construción. Un ben que se porá en valor cunha actuación específica para a súa recuperación e rehabilitación integral que consistirá na mellora do inicio do camiño do Aloque co camiño de Sáa, a recuperación do solado co enlousado primitivo e orixinal deste camiño, a eliminación dos engadidos de morteiro alleos ao manancial e lavadoiro do Aloque, reconstrución de muros, reposición dos pavimentos, recuperación da pía, abrevadeiro e canles de condución de auga, entre outros. 

 Unha actuación que pretende manter e fomentar parte do patrimonio arquitectónico local, como son os lavadoiros, antigos puntos de traballo e sociabilización dos veciños e que ultimamente constitúe un lugar de paso para os peregrinos de todo o mundo que percorren o Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario