20 de maio de 2019

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

OS COMUNEIROS DE CAMPOSANCOS RELEMBRARON A ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS 

E tributáronlle unha homenaxe póstuma a José Luis Lomba Alonso


Fatima Braña Rey falou sobre D. Antón Fraguas
  José Manuel Domínguez Freitas disertou sobre D. José Luis Lomba Alonso
Familiares de D. José Luis Lomba Alonso e veciños de Camposancos ateigaron o salón de actos

Informa (fotografías e redacción) José Fernando Martínez Martínez / Camposancos

 Onte domingo, día 19 de maio, ás 19:30 horas no salón da Casa Cultural de Camposancos, a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común celebrou o Día das Letras Galegas.

 Co salón de actos totalmente cheo de publico, relembrouse a Antón Fraguas.

 Presentou o acto Lucía Martínez Diz. A súa ex alumna, Fatima Braña Rey, falounos da vida e obra de D. Antón Fraguas. 

 A nosa comunidade quixo a título póstumo adicarllo a D. José Luis Lomba Alonso, un home que sendo natural de A Guarda decidiu casar con unha camposina e fixar a súa residencia eiquí, involucrándose no día a día local. Era mestre, secretario da Agrupación Socialista de A Guarda, foi secretario da Entidade Local Menor de Camposancos, logo presidente. 

 Don José Luis era músico e creou varios coros na parroquia, etc. Sobre él e as súas obras falou o tamén mestre e ex alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas. 


Coro Cantares do Brueiro

 As notas musicais púxoas o Coro Cantares do Brueiro dirixido por Tino Baz. 

 Para rematar a xunta reitora da Comunidade de Montes convidou aos asistentes a un viño da adega "Terras Gauda", de O Rosal, e a un aperitivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario