TALLER DE PILATES ORGANIZADO POR CRUZ VERMELLA BAIXO MIÑO
Nesta nova actividade mostraremos unha actividade física que pode contribuír a un mellor estado físico das persoas participantes.
Cruz Vermella Baixo Miño / A Guarda
Os días 12 e 19 de xuño de 11.30 a 12.30, realizaremos na Asemblea Comarcal de Cruz Vermella dúas sesións de Pilates orientada a persoas maiores de 55 anos. Este taller está orientado a mostrar aos asistentes unha actividade física que pode axudar a mellorar e/ou manter un bo estado de saúde física e mental ademais de fortalecer o ton muscular, previr a osteoporose, aumentar a flexibilidade, os músculos e articulacións veranse fortalecidos ademais de previr posibles fracturas ou lesións, mellorar a postura e a aliñación do corpo, mellorar a autoestima, etc.
Esta actividade atópase enmarcada dentro do programa de Atención a persoas en proceso de envellecemento, financiados polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, co obxectivo principal de que as persoas maiores melloren a súa calidade de vida, relacións sociais. Para o desenvolvemento destas actividades tamén contamos coa colaboración desinteresada do centro SAFIT, situado na Guarda.
Para poder participar nas actividades, bastará con inscribirse ademais as persoas poderán informarse dos diferentes proxectos e actividades que Cruz Vermella desenvolve para persoas maiores nesta comarca.
Para máis información dirixirse a:
Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño
Rúa Agustín Nandín Lomba, nº 1 Baixo
A Guarda
laguardia@cruzroja.es
Teléfono: 986 61 46 09
Ningún comentario:
Publicar un comentario