8 de maio de 2019

A GUARDA

FORMACIÓN

Entrega dos diplomas do curso de formación de camareiros-as en bares e restaurantes   


O alcalde de A Guarda, a concelleira de Turismo e o técnico de formación, cos asistentes ao curso de camareiros de bares e restaurantes, que recibiron seus correspondentes diplomas
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Por segundo ano a Concellería de Turismo do Concello de A Guarda organizou un curso gratuíto para a formación de camareiros/as de bares e restaurantes, que tivo lugar entre os meses de febreiro e abril.  

 O obxectivo principal foi o de formar a novos camareiros, algo esencial de cara á profesionalización dun sector tan importante para A Guarda como é o turismo e a hostalería, ofertando á veciños e visitantes un servizo de calidade e profesional.  

 A programación estivo deseñada para que as persoas participantes adquirisen as nocións básicas na adecuación do local, reposición do material, servizo de alimentos e bebidas en mesa e barra, e atención ao cliente no servizo de restaurante e bar.  

 O curso tivo unha duración total de 80 horas, das cales, 40 horas estiveron destinadas á formación teórica e práctica, como a montaxe de mesas e ambientación da sala, identificación e limpeza dos utensilios e menaxe, preparación de alimentos e bebidas seguindo as normas de manipulación e hixiene alimentaria, incluíndo tamén formación en alérxenos e manipulación de alimentos.   

 O alumnado tamén recibiu o diploma de manipulador/a de alimentos. Ademais esta formación completouse coas indicacións en alérxenos.   

 A esta formación se lle engadiron outras 40 horas de formación práctica non laboral en bares e restaurantes da Guarda, axustadas segundo o perfil e necesidades de cada alumno, promovendo tamén a posible incorporación deste alumnado ao mercado laboral local de xeito inmediato de cara a vindeira tempada estival.

Ningún comentario:

Publicar un comentario