17 de maio de 2019

A GUARDA

O GRUPO SOCIALISTA DENUNCIA FALTA DE INTERESE DA XUNTA DE GALICIA NAS DEMANDAS DA CIDADANÍA DA GUARDA 

Antonio Lomba Baz reivindica a importancia da VAP Tui – A Guarda para mellorar a conexión da comarca e lamenta o silencio do PP

Antonio Lomba Baz, candidato socialista e alcalde de A Guarda nun encontro cos veciños de A Gándara, Pintán e A Proba

Infogauda / A Guarda

 O candidato socialista e alcalde de A Guarda insiste no desinterese do goberno galego en Baixo Miño. “Sabemos que Feijóo estivo aquí, na comarca, e a pesar de ter necesidades evidentes para o desenvolvemento económico e social non recibimos ningunha boa noticia”, lamenta Antonio Lomba. Estes días, ante a veciñanza, o socialista falou da importancia que tería para mellorar a demografía o tramo de autovía Tui – A Guarda, unha infraestrutura clave que permitiría “chegar aos centros de traballo e a hospitais de xeito que a xente puidera asentarse aquí”. 


 Antonio Lomba Baz

 Antonio Lomba critica o abandono por parte da Xunta de Galicia doutras actuacións pendentes como son o acceso sur ao porto de A Guarda ou unha nova Escola Infantil Municipal, da que o Concello xa ten os deberes feitos mentres espera a firmar o convenio coa Consellería de Educación. Sobre todas estas infraestruturas refírese o alcalde ao falar do responsable popular local: “Non temos noticias pese a que nós estes días pedímoslle que dese traslado das demandas da cidadanía á Xunta”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario