8 de abr. de 2019

OIA

A dobre cara da Alcaldesa de Oia

 PSdG-PSOE de Oia 
 

 Esta semana púxose de manifesto que en campaña as promesas populistas non teñen límites. Cando o PSdG-PSOE de Oia propuxo en pleno, a través dunha moción, a compra do Camping de Mougás, a Alcaldesa de Oia votou en contra, dicindo en pleno que non era un tema de interese municipal comprar un “patatal” e que esta compra só traería problemas ao concello de Oia.  

 Ante as circunstancias actuais, parece que estamos ante outra alcaldesa, pois hoxe parece que esa compra sí é unha solución de futuro, tal e como xa o propuxo en pleno o PSdG-PSOE.  

 Todos os veciños e veciñas de Oia eran conscientes de isto menos a Alcaldesa de Oia, sorte que xa se deu de conta que é unha oportunidade de futuro para o municipio e que non se pode abandonar, pensando no ben da vila de Oia e non no 26 de Maio, como parece ser a intención do seu anuncio “electoralista”.  

 O PSdG-PSOE de Oia apoia e apoiará a compra do Camping de Mougás, que xa se presentou en acordo plenario e que foi aprobada en maioría.

Ningún comentario:

Publicar un comentario