8 de abr. de 2019

A GUARDA

O GRUPO DE ACORDEÓNS MASCARENHAS ACTUARÁ NA CASA DE GALICIA, EN LEÓN

 E organiza unha viaxe ata esa cidade do 18 ao 19 de maio de 2019


Infogauda / A Guarda

 O Grupo de Acordeóns Mascarenhas actuará o vindeiro día 18 de maio, na Casa de Galicia, en León. Con tal motivo, a Asociación Musical Mascarenhas organiza unha viaxe que terá súa saída o día 18 de maio, ás 7:00 horas, desde a Sociedade Os Amigos, de Camposancos. A continuación, arredor das 7:15 horas, parada diante do Centro Cultural de A Guarda, e seguidamente partirase deica León. O xantar terá lugar no hotel onde se aloxará a expedición de músicos e acompañantes.

 Pola tarde visita a Catedral de León, e posteriormente concerto e cea co grupo musical Mascarenhas de A Guarda, na Casa de Galicia, de León.

 O día 19, almorzo e saída turística para visitar a cidade, e a continuación xantar no hotel e retorno para A Guarda.

 O prezo por persoa (incluido o aloxamento en pensión completa no Hotel Santiago ****) é de 120 euros.

 Información no teléfono 678 214 180.

Ningún comentario:

Publicar un comentario