5 de abr. de 2019

A GUARDA

No marco do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais 

Concerto da Orquestra Infantil e Xuvenil  de Vigo, Kv2211

O domingo 7 de abril de 2019 as 12:00 horas no Centro Cultural da vila



 Infogauda / A Guarda

 A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211, actuará este domingo 7 de abril de 2019, as 12:00 horas no salón de actos do Centro Cultural da vila de A Guarda, dentro dos actos programados pola Asociación Piueiro con motivo da celebración do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais que terá lugar do 11 ao 14 de xullo en A Guarda. Este o primeiro concerto da orquestra no Baixo Miño: o sábado 11 de maio actuará en Santa María de Oia e o domingo 12 de maio no Rosal, tamén dentro das actividades culturais programadas no marco do Encontro. 

 Un dos obxectivos da Kv2211 é social. Este concerto adícase, co fin de compartir e facer visibles os valores que representa, a Avelaiña unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade Pública e integrada por persoas con enfermedad mental, familiares, cuidadores e persoas sensibilizadas ante este problema de saúde. 

A Orquestra Kv2211 

Orquestra Kv2211

 A Orquestra Kv2211 conta con 50 membros, nenos e mozos entre 8 e 20 anos de idade, con formación en instrumentos de corda, vento, piano e percusión. A Orquestra actuará coas súas dúas agrupacións: en primeiro lugar, os máis pequenos, integrantes da Orquestra Infantil e posteriormente, a Orquestra Xuvenil, para dar paso á actuación da Orquestra Kv2211 no seu conxunto. 

 Dirixida por José M. Fernández e Raquel Fernández Núñez, a Kv2211 interpretará un divertido repertorio de pezas de música clásica. 

 A entrada ao concerto é gratuíta ata completar aforamento. 

 O proxecto Kv2211 xurdiu no mes de outubro de 2017 da inquietude de crear unha orquestra de cordas asentada en tres alicerces: educativo, cultural e social. Desde entón un grupo de mozos músicos voluntarios da orquestra están a realizar un amplo labor formativo con estes mozos músicos ademais da adaptación das partituras ao seu nivel. 

A Asociación Piueiro 

 A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais PIUEIRO constituiuse en outubro de 2017, e dende o comezo conta coa participación de asociacións e de persoas a título individual. O seu ámbito de acción é o concello de A Guarda, aínda que por cuestión evidentes -o mar e o río non entenden de fronteiras- ten unha forte relación co resto de concellos da bisbarra do Baixo Miño galego e do Alto Minho portugués. Entre os fins da asociación atópase recuperar arquivos, imaxes e demais documentación da historia mariñeira; desenvolver e fomentar actividades culturais variadas: e promocionar valores literarios, históricos, culturais, educativos e tradicionais, fundamentalmente respecto da cultura mariñeira. Ademáis de organizar o Encontro, na actualidade está a desenrolar exposicións e talleres formativos entre os rapaces e construindo un volanteiro con fondos propios e privados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario