8 de abr. de 2019

OIA

O BNG  pide un apoio masivo  para mellorar a vida da veciñanza de Oia    

Xosé Antón Rodríguez, candidato á alcaldía do Concello de Oia, coa candidatura do BNG ao completo

Infogauda / Oia

 O BNG de Oia fixo á presentación da súa candidatura as Eleccions Municipais de maio 2019. O acto, con notable asistencia, foi presentado pola profesora Marisa Guerra Canizo que forma parte da lista do BNG ao Concello de Oia. Tomou a palabra en primeiro lugar Cecilia Pérez Orxe, candidata ao Senado nas Eleicións Xerais, animando a traballar pola consecución dos obxectivos do BNG. 

 A profesora Marisa Guerra Canizo, foi quen fixo á presentación do acto do BNG en Oia

  Falou despois o candidato á Alcaldía de Oia, Xosé Antón Rodríguez, quen comezou a súa intervención falando da orixe do nome co cal é coñecido en Oia, Xúster, pola súa afección ao futbol que practicou desde pequeno, un deporte que lle ensinou  o valor do traballo en equipo, un feito que o formou para sempre.



  Xosé Antón Rodríguez, candidato á alcaldía do Concello de Oia


 Fixo despois unha exposición do bo facer e o progreso dos concellos gobernados polo BNG en Galiza que son exemplo a seguir. A continuación resaltou a valía dos candidatos e candidatas que presenta o BNG ao Concello de Oia e convidou a todo o mundo a participar nas decisións de goberno dentro do proxecto do BNG, un proxecto do pobo e para o pobo.   


Cecilia Pérez Orxe, candidata do BNG ao Senado nas Eleicións Xerais, na súa intervención en Oia

 “Co cambio podemos  construír un concello diferente, deixar atrás un concello que esmorece. Queremos por  en marcha unha transformación que aposta por un concello aberto, dinámico, no que o máis importante é que as veciñas ou veciñas teñan mellores condicións de vida”, salientou a líder do BNG ante as máis 90 persoas que acudiron á presentación da candidatura ás eleccións do 26M.  

Vista parcial do interior da Casa Cultural de Oia coa veciñanza que acudiu ao acto do BNG


 “Un cambio que hai que reforzar nas próximas eleccións municipais dándolle un maior apoio ao Bloque Nacionlista Galego, porque canto máis apoio ao BNG máis mellorarán os servizos públicos, máis transparencia haberá no concello e máis impulso cara a transformación social que queremos para Oia”, concluíu o candidato á alcaldía Xosé Antón "Xúster"


                          Intervención musical do escritor e profesor, Afonso Álvarez Cáccamo

   O acto público do BNG contou tamén coa intervención musical do escritor, profesor, veciño de Oia, e a súa vez candidato a concelleiro neste concello, Afonso Álvarez Cáccamo que interpretou unhas pezas co seu acordeón.

 Por último presentouse a lista completa dos candidatos e candidatas do BNG ao Concello de Oia alí presentes, a equipa  que lidera  que “quere rachar  coa vella forma de facer política do PP” .

Ningún comentario:

Publicar un comentario