22 de abr. de 2019

OIA

ACTO PÚBLICO DO BNG EN OIA PARA AS ELECCIÓNS XERAIS

O martes 23 de abril, ás 20:30 horas, na Casa de Cultura de Oia 
   

 Infogauda / Oia

 O martes 23 de abril, ás 20:30 horas, o BNG organiza na Casa de Cultura de Oia o mitin central con motivo das vindeiras Eleccións Xerais.  

 O acto, que será presentado pola vicerresponsábel local do BNG en Oia Marisa Guerra, contará coas intervencións de Xosé A. Rodríguez “Xuster”, candidato á Alcaldía de Oia; de André Vidal, cabeza de lista ao Senado por Pontevedra e por Xesús López, candidato número 2 ao Congreso.  

 Convencidas de que arranca unha campaña electoral que é decisiva para Galiza, a militancia e simpatizantes do BNG de Oia convidan a poboación de Oia e a toda persoa interesada para que acuda a este mitin que tamén vai contar coa intervención musical de Alfonso Álvarez Cáccamo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario