FEIRA DO LIBRO O ROSAL
O domingo día 5 de maio, na Praza do Calvario
Infogauda / O Rosal
Organizada pola Concellería de Cultura do Concello do Rosal, o vindeiro domingo día 5 de maio terá lugar na Praza do Calvario unha nova edición da Feira do Libro.
Ademáis de varios postos de venda de libros, a programación inclúe ás 12:00 horas, unha sesión de contacontos a cargo do grupo "Polo correo do vento", que porá en escea "Contos ilustrados".
Ás 17:00 horas, haberá obradoiros para nenas/os.
As mamás que se acheguen á feira acompañadas polos seus fillos e merquen un libro, recibirán unha flor como agasallo polo Día da Nai.
Haberá descontos na venda de libros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario